tag:blogger.com,1999:blog-4167298461673985350.post2646329287995436896..comments2024-03-02T21:12:09.657+01:00Comments on Os chanzos: Canto de Reis na illa de MadeiraFrancisco Ant. Vidalhttp://www.blogger.com/profile/17885597208717396239noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-4167298461673985350.post-28704271860234967442017-01-06T22:05:49.838+01:002017-01-06T22:05:49.838+01:00Francisco acabas de me facer lembrar os tempos da ...Francisco acabas de me facer lembrar os tempos da miña infancia. Algunha vez tamén eu fun cantar os Reis, eramos rapaces, vestiamos a roupa de todos os días, non nos acompañabamos de instrumentos. Tratei de lembrar a letra dalgún daqueles cantares e só me vén unha á cabeza, que ademais paréceme un híbrido de Nadal-Reis. As estrofas que lembro dicían máis ou menos:
San José e maila Virge
camiñaban pra Belén
iban cantando nos Reices
cantémolos nós tamén.
San José iba moi triste
porque iba polas montañas
a Virge iba contenta
co seu fillo nas entrañas
Aquí encóntrome cun espacio en blanco de unha ou dúas estrofas, nas que os viaxeiros chegan ás murallas de Belén:
Abre las puertas, puertero,
puertero de puertería.
Estas portas non se abren
hasta que amaneza el día.
Estas puertas se han de abrir
que quere parir María.
Logo volvo ter outro espacio en blanco para rematar finalmente cos máis coñecidos versos do
Cantámolos Reices do quiquiriquí...Pepe de Rocafortenoreply@blogger.com