mércores, 17 de febreiro de 2016

CALIDADE DE PÁXINA



Por Pepe de Rocaforte
            Non teño demasiado claro como definir en que consiste para min a “calidade de páxina” nunha obra literaria. Para entenderme un pouco éme preciso recurrir a exemplos e comparacións. Dese modo observo as diferencias entre o “desaliño” na redacción de determinadas obras, cuxo contido por outra parte me resulta interesante, e a fermosura doutros textos cuxo tema pode non interesarme en conxunto, pero que fragmentariamente me prenden pola construción dunhas páxinas, ou só duns determinados parágrafos ás veces, que saben tocar unha onda emotiva na miña sensibilidade de lector.
            Traio esto a conto logo de ler unha vez máis “Viaje por los montes y chimeneas de Galicia”, de José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro. Nin o tema da caza nin o da cociña me interesan particularmente. En canto a Castroviejo tampouco me entusiasma demasiado o conxunto da súa obra literaria. Pero a tersura das súas descripcións paisaxísticas está tan lograda, faime vivir de tal xeito a emoción, por exemplo, desas camiñadas nos amenceres fríos do inverno con que nos regala a conta das súas aventuras cinexéticas, que non me canso de lelas unha e outra vez.
            E como mellor que a miña palabrería vale mil veces máis unha mostra, non me resisto a citar algúns breves fragmentos desa fermosa prosa de Castroviejo. Por exemplo:
“A la luz del solsticio invernal la mano blanca de enero ha soltado sus escarchas. El mar recoge ahora, en inmensa lámina, los más puros reflejos del espectro bajo la bóveda gris azulada del cielo. Los mimbrales de la orilla rayan de amarillo los fríos cristales del agua, que refleja, borrachas de color, a las mimbres del invierno en amarillo y cinabrio”.
Ou:
 “En la madrugada de enero, el Lengüelle, aterido, busca con ansia la desembocadura en el padre Tambre … Pero también el Tambre tiene frío, y su onda, bruñida como cinz en el yerto reflejo de la madrugada, copia tan sólo una negra calcomanía de robles desconsolados, que extienden, casi sin hojas, su brazos en muda imploración. La braña es, en la amanecida, un frío humear de aguas sin misericordia, sobre las que se quiebra un tenue viento agoniado, que quiebra, a su vez, los juncos bajo un cielo indeciso de papel secante”.
E así cóntanos o “retumbo de los disparos, que quiebra los cristales de la mañana”. E cómo as “mazorcas ponen su grito amarillo contra el verde de los cómaros”. Ou fala das “cumbres batidas por el largo viento montañés del Cebrero”, mentres as “aldeas se arropan en la hondonada, calentándose en el humo de los hogares, que serpea sobre los remiendos de mil colores que esmaltan el traje franciscano de la montaña”. E de  repente “una canción, como un lamento, planea a lo lejos hasta encontrárnosla de pronto dentro del corazón” e “el concierto se extiende, en apoteosis triunfal, por todo el recinto del bosque encantado, saludando a la luz que llega como una epifanía de mil colores”

            En fin, así podería seguir enchendo páxinas e páxinas, pero por non cometer un tremendo pecado de omisión sen citar ó coautor deste libro, don Álvaro Cunqueiro, palabras maiores da nosa literatura, quen á calidade de páxina, suma a calidade da súa obra total, vou rematar cun par de fragmentos seus neste mesmo libro onde ademais de todo, deixa brillar o pouso da súa suave e deliciosa ironía.
            “Y todo entra en cada bocado: el país, su color y su aroma, la campana lejana, el mirlo vecino, la fuente y el carro que lejos va cantando, cargado de los últimos maíces.
El aroma del  bosque en los días fríos, cuando son de cristal los charcos, y lo que fue hoja verde dulcemente pudre”.

            “La muerte no parecía posible en la mañana aquella, tan extremada de luz, tan descansada sobre las cumbres, de tan dilatada y fina arquitectura, ordenando el aire en nerviosos arcos ojivales”.

            Fin das citas.

martes, 16 de febreiro de 2016

Receita para facer filloas




            Dado o interese que moitos dos lectores deste caderno amosan polo artigo titulado Filloas á Pedra, no que se fala da pedra usada para facer filloas, exclusivamente, queremos asemade incluír a receita para facelas co fin de que ninguén se quede co mel nos beizos ou co gusto na punta da lingua, seguindo unha receita recollida en Peiro, Culleredo.
            A receita que presentamos é de casa farturenta, onde non poden escasear os produtos, empezando polos ovos, polas ducias de ovos ós que se lles mestura por cada un dúas culleradas de fariña e a auga do caldo batendo ata facer unha pasta de densidade baixa e sen grumos. Logo, na tixola ou na pedra da filloeira ben quente, úntase con touciño e bótase un cullerón do amoado feito, deixando que se faga por ambos lados, e así, máis ou menos durante o tempo que nos leve en proporción ós ovos que usamos.
            Hai quen substitúe a auga do caldo por sangue de cocho, por auga limpa ou por algo de leite, nisto non se discute, depende dos cociñeiros e do gusto dos comensais.
            E logo, hai quen lle bota azucre, quen mel, quen marmelada e quen envolve con elas uns roxóns quentes. Sexa como sexa, estamos diante dunha das receitas máis acomodaticias que existen, tanto para primeiro prato como para sobremesa, para almorzo ou para merenda.

luns, 15 de febreiro de 2016

A ermida da Ascensión de Gontán




            Na estrada que vai de Celanova a Bande, no lugar de Gontán, atopamos esta ermida baixo a advocación da Ascensión, nunha paraxe que, aínda que próxima á estrada, é acolledor.

            Hoxe fixámonos no mural de lousa totalmente roto e maltratado polas hordas incivilizadas e polos incultos donos do patrimonio, que deixaron perder unha obra que, aínda que sen firma nin máis trazos identificadores ca uns restos que aínda quedan, nos fan intuír a autoría do pintor Virxilio, un dos grandes artistas galegos do pasado século, falecido no 2011 ós 86 anos.