En pleno renacer da
vida na natureza, os días nove, once e trece de cada maio, festexaban os
romanos ós Lemures, que viñan sendo os espíritos dos mortos, para evitar que
volvesen do Máis Alá a entorpecer o soño dos vivos ou a molestar ás persoas da
familia (escravos incluídos) coas súas obras maléficas. Procurando así deixar
atrás o pasado, e atraer un venturosos futuro.
Para calmalos, o pai
de familia erguíase á media noite e camiñaba facendo a figa cos seus dedos ata
unha fonte determinada onde había de lavarse tres veces antes de volver á casa,
metendo na boca e cuspíndoas cara atrás unhas fabas negras ó tempo que recitaba
a fórmula máxica: “Tiro estas fabas e por elas rescátome a min e ós meus”, pois
era crenza que os espíritos paraban a collelas e non chegaban á casa.
Xa na casa, volvía
lavarse tres veces, e portando unha campaíña de estaño, metal consagrado a
Xúpiter, recorría cada estancia da casa repetindo a frase máxica “Manes dos
meus antepasados saíde daquí”, co que se supón que a casa quedaba libre de
malos espíritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario