xoves, 30 de abril de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Cada dia vexo pola rua máis xente con ghafas de sol ou lentes afumados, que tamén se disía (isto de afumar as ghafas ten ghrasia, maiormente se o comparamos cos alimentos ídem: os arenques ou sardiñas, os chourisos, os queixos…). Pero, aclaro, estou a me referir aos que tal levan en días nublados e ata de noite. Entón non resta máis que se perghuntar a que ven o conto. Pois é doado dedusir que o tal costume é un xeito de se ocultar, poderíase disir que é un recurso para se aillar da contorna, de aghochárense os tímidos.
A min dame para pensar, realmente. A min que levo alghún tempo que me pasei á outra linde: a de desbotar completamente as ghafas de sol, mesmo habendo sol, porque collín estoutra manía de vello: acho que un filtro cromático así me priva de ver as cousas como son, a realidade na sua real colorasión. (Mághoa me dá dos cans, que din ven todo en tons grisentos ou neutros, meus caros!).
E se a iso das ghafas enghadimos outras maneiras de aillamento, desde logho que estamos nun mundo cada volta máis estraño… Vedeaí, se non, o que pasa cos ditosos auriculares que a xentiña leva enchufados a tutiplén. Se vas pola naturesa natural, parece un despropósito privarse dos sons naturais desa naturesa: o canto dun paxaro, o “queixume dos pinheiros”, o rumor das ondas mariñas… eu que sei!
E se andas por unha paraxe urbana, meudéus!, que perigo corres a maiores dos que padeses acotío: pois pasas a padeser a carensia dun dos sinco sentidos… qué pouco sentidiño, nenos!
Isto condúseme ao teléfono móbil, redusido a móbil a secas (como o ordenata portátil se reduse simplemente a portátil… como se móbil non fose tamén o automóbil, á sua volta redusido desde carro automóbil, dito sexa para maior presisión). Pois é algho que xa está a definir a nosa vida cotiá de forma tal que de tres persoas que atopas, unha cando menos vai falando polo móbil: outro xeito de se aillar aínda (e non dighamos xa os que van condusindo o outro móbil sitado: o auto) levando ao personal a andar como sombis.

Pensar que o que antes eran os chapéus aghora son os móbiles, digho, nos actos públicos: antano solisitábase á platea retirar os sombreiros, hoghano invítaselles a apaghar os móbiles…o que non impide que sempre, sempre haxa un despistado (ou un listillo) que deixe conectado o seu para escarño dos que están a escoitar un conserto ou unha conferensia.
Listillo que non é máis que un individuo, como tantos outros, ao que lle importa tres carallos (perdón polo de tres) o resto do mundo e vai ao seu… talmente como os siclistas que van polas aseras… e, por veses, manghados, para maior inri.
Por iso… coñesidos haivos moitos, pero amighos, o que é amighos… cos dedos da man (sen esquenser as variantes: amighete, amigholo, amighovio, que levan implísita unha depresiasión do que a palabra amigho comporta). Tamén ousa afirmar que para atopar xente coñesida non vos hai como saír á rua: parésevos unha perogrullada? Pois estades no serto! E non diredes que cambio de tema caprichosamente: é que a miña cabesiña monda e lironda aseléraseme cando se pon a elucubrar e sáichevos por onde menos aghardades!

Os Ron, bos e farturentos




Os fundadores desta familia teñen entre outras virtudes a de ser farturentos, porque ser farturento non é o mesmo ca ser rico, podente ou afortunado, o farturento é o que ten e reparte, pero non coma quen dá unha esmola, senón comparte cos demais sen medo a que lle escasee a riqueza, e iso eran os de Ron, unha antiga liñaxe galega que cada vez que ían sentarse á mesa mandaban que un criado tocase un corno polas rúas, para que todo aquel que o quixese se sentise invitado e compartise con eles a fartura, por iso no seu escudo levan un corno, e aínda nalgún unha lenda que di “comen como os de Ron”.

mércores, 29 de abril de 2015

Consellos a unha embarazada (VI)



Deitar unha galiña
            E cando todas esas cousas que contamos non dan resultado, non se poden levar a cabo ou se teme que algún nefasto elemento impida a boa traxectoria da xestación e do parto, o remedio só pode ser procurar que o mal vaia por outro camiño, arredalo da nai xestante, das dúas maneiras coñecidas; por medio directo ou por invocación divina. E por medio directo a mellor maneira e trasladar os posibles problemas a algún animal da casa que vaia parir antes que a muller embarazada.
Así, era norma que na casa dunha muller embarazada se deitase unha galiña choca, agardando que o mal que puidese ir ó feto fose antes ós ovos, e destes casos sabemos de pitos que naceron con tres patas ou sen ás, un ou dous meses antes do rapaz que si naceu sen mácula.
E cando a galiña non chocaba con tempo suficiente, ofrecíaselle a galiña cos pitos a algún santo da bisbarra, e así na Barbanza sur, era norma ofrecerlla a santo Alberte da Conlleira, aquel de quen xa temos falado neste caderno, e a quen se ofrecían os futuros matrimonios.
E se aínda se intúen problemas, quédanos o ritual do bautizo prenatal.