Un pousadoiro é
unha ferramenta imprescindible do noso mundo rural. Algo máis ca un
elemento arquitectónico e funcional. Tan imprescindible, que non hai
muíño ou pozo (como neste caso) que non o teña.
Ás veces, un
pousadoiro non é máis ca unha pedra, e tamén pode facer a súa
función o antepeito dunha fiestra, un rodapés que sae da parede, o
chanzo dunha escada, as rabeiras dun carro ou calquera elemento un
pouco elevado do chan que lle permite á persoa que ten que cargar
con algún tipo de peso, partir dunha posición máis elevada para
erguelo, diminuíndo así o esforzo que ha de facer para subilo ó
lombo ou á cabeza e acurtando o traxecto, que esa e non outra é a
súa función.
Pero neste
encontrado na mariña luguesa, concretamente en Foz, o pousadoiro non
é só un elemento complementario, aquí o canteiro que o chantou
para que se pouse a sella ou o balde, labrouno con esmero ata facelo
máis vistoso, dándolle a importancia que ten para facilitar o labor
de subir a carga á cabeza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario