Tempo de sega,
calor estival, canícula de verán, o sol caendo a chumbo, os corpos
exhalando vapor acuoso, pegañento
suor sobre a pel.
E poucas veces nos damos conta de que nesa suor se basea o principio
básico do porrón, o invento sen data de patente que de antigo e a
pleno sol estival mantén a auga fresca, ou, para ser máis exactos,
polo
menos por
debaixo dos dez grados centígrados da temperatura ambiente.
O porrón, para
ser eficaz debe ser de barro cocido sen esmaltar, co fin de permitir
que a porosidade da arxila facilite a evaporación de pequenas gotas
de auga que, en contacto co aire seco do exterior evapóranse
producindo o equivalente a unha extracción térmica que manterá a
auga contida no recipiente en valores de temperatura inferiores á do
exterior.
Simple e eficaz.
Sinxelo e eficaz.
ResponderEliminar