Xa sabedes que santa Tereixa morreu na noite
máis longa da historia, pois foi a noite que ía desde o día catro ó quince de
outubro, cando a reforma do calendario ordenada polo papa Gregorio XIII, que
non fora corrixido desde tempos de Xulio César, obrigou a sacar do almanaque
todos os días que van desde o cinco ó catorce de outubro, ambos incluídos. E
por iso mesmo nuns sitios din que morreu o día catro e noutros o día quince.
Como sexa, a esta santa reformista que o papa Paulo VI nomeou doutora da Igrexa, ademais de polos seus libros pasou á historia polos momentos de éxtase que tan marabillosamente reflexa Bernini na escultura que se pode ver na igrexa de Santa María da Victoria, en Roma, nunha capela na que, aínda sendo o tema central a visita do anxo coa frecha, na que se reflexa no rostro da santa a dor e o pracer que a un tempo causa a éxtase, adornase a capela en que está cuns personaxes que semellan espectadores contemplando a escena central desde os seus palcos.
O seu nome, no étimo grego significa
cazadora. E os atributos con que se representa son unha frecha apuntando ó seu corazón, a pomba da
inspiración e o libro da regra que ela reformou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario