Por
Pepe de Rocaforte

Entre eles está
Giovanni Papini, autor de curiosa evolución desde un ateísmo militante á
conversión ó catolicismo e a adhesión ó fascismo mussoliniano. As súas obras
de máis éxito, “Historia de Cristo”, “Gog”, “O libro negro”, “Xuízo Universal”,
non me interesaron como a autobiográfica “Un home acabado” e dous
sorprendentes libros de contos, “Palabras e sangue” e “O espello que fuxe”,
este na colección dirixida por Borges, “A biblioteca de Babel”, publicada en
España por Siruela, xa nos anos oitenta. Calquera título destes paréceme
merecente de figurar entre a gran literatura do século XX. Quen sinta
curiosidade por eles pode ler esta selección
De Aldous Huxley non
direi que estea esquecido, “Un mundo feliz” continúa a ser un dos cumios da
narrativa chamada de “ciencia-ficción”, pero outros títulos seus,
“Contrapunto”, “Os escándalos de Crome”, “Cego en Gaza”, “Arte, amor e todo o
demais”, pertencen ó grupo desa literatura intelixente, culta, irónica, chea
de suxerencias e hoxe fóra de circulación, que se lle pode recomendar a
calquera amante da boa literatura.

Outro autor en cuxo
esquecemento tamén influíron circunstancias alleas á calidade literaria
(durante a Segunda Guerra Mundial, despois de estar internado nun campo de
concentración, participou nunhas emisións radiofónicas dirixidas desde Alemania
ós Aliados, que serviron para acusalo de colaboracionismo cos nazis). Refírome
a P.G. Wodehouse, un dos grandes humoristas británicos. As historias de Bertram
Wooster, o seu mordomo Jeeves, Ukridge, o inefable mister Mulliner e a súa
colección de sobriños, o xornalista Psmith e tantos outros, son mostras da súa
ironía amable e inconfundible.

Nin no seu tempo nin
hoxe acadou celebridade fóra do seu país, o cal non impide que se trate dunha
excelente novela, indigna de ficar no esquecemento. A descrición das paisaxes
feroesas, a vida daquelas xentes, as viaxes marítimas, todo nos sabe a
verdadeiro no xeito sinxelo de narrar de Jacobsen. E sobre todo a creación desa
muller, Bárbara, unha forza da natureza, amoral, egoísta sen dúbida, pero cun
egoísmo inxenuo, que cando ama se ofrece sen restricións e sen a mínima
preocupación pola opinión allea. Toda unha gran novela que recomendo a quen a
poida atopar.
Estou daccordo co inxustamente esquecidos que están eses escritores. Rompo unha lanza por Aldous Huxley a quen somentes se recorda pola distopía Un mundo feliz, cando ten unha xenerosa producción que o seu punto máis alto, según o meu criterio, en Contrapunto.
ResponderEliminarCoincido coa súa opinión sobre "Contrapunto", pero sen deixar de lado a importancia doutros títulos seus, tanto de narrativa como de ensaio.
Eliminar