xoves, 26 de marzo de 2015

XAQUÍN, XOCAS NA LEMBRANZA URXENTE




Por José Mª Monterroso Devesa


Alá se nos foi o Xocas.
Xaquinciño amigo, outro máis que se vai.
Vinte por derradeira vez na tua casa da bela Pontevedra o Dia da Galiza Mártir 2013.
Como nos víramos tantos anos naquelas ofrendas a Bóveda no camposanto pontevedrés.
(Falar, falamos “polo aramio” un par de veces máis).

Agora pillásteme destoutra banda.
Como para amortecerme o mal trago.
O oceano pon una barreira física.
O océano, tamén, é navegable para os pesares.
E se non, que llelo pergunten aos millóns dos nosos emigrantes.
Nel non afoga a mágoa, ela abrolla, como diría Castelao en falando do viño.
Dígocho como bo catador e bo gurmé que foras.

Xaquín d’O Facho por trece anos, se cadra onde máis feliz foste (fora a docencia da Sexoloxía), seguramente máis feliz que nas tuas viaxes profisionais tras dos médicos.
Xocas argallando o precursor Concurso de Poesía Nova O Facho.
Xaquín integrando a actividade teatral da asociación.
Xocas con solución para todo nos momentos difíceis da nosa cara agrupación.
Xocas pondo o ombro na editorial musical Ruada.

Rendémoste homenaxe cando partiste para a cidade do Lérez.
Felipe Senén insistíame estes últimos anos na necesidade de brindarche outro recoñecimento.
Desfrutamos contigo en Merza a homenaxe que recebeste do Concello de Vila de Cruces.

Xeneroso Xaquín que nos abriste as portas da casa petrucial desa Merza fermosa, xa nos tempos da tua garimosa mai a quen tanto te imitabas, casal con reminiscencias da Condesa dona Emilia, tua parenta.
Onde nos convocaste tantos veraus á beira do rio Toxa ou en Carboeiro, bañado polo Deza, mosteiro do que foste amigo.
Algunha vez, lémbraste. Xocas?, acudimos aos xenerais dese Entroido.
Fican fotos (grande invento).

Do moito que sabías, Xaquín, apenas publicaste una monografía de Merza… na que figuran, como non, os teus amigos costumeiros.
Resta publicarse o teu estudo sobre as bandas municipais: deberíamos encargarnos diso eses amigos: qué menos!
Fixérasme un retrato instantáneo a lápiz do que tanto gostei que o incluín en máis dun papel con letras miñas.
Tentei retribuirte, Xocas, cun soneto “en clave amical”, coa pretensa solenidade das vellas apoloxías, un pouco en serio outro pouco con humor.
Fican libros que me trouxeras de Venezuela, engaiolado como viñas con aquelas reiteradas xornadas americanas.
A tua xenerosidade, Xaquín, permitiume ir, no teu lugar (ti o presidente, eu representando a O Facho) ao Recife pernambucano, coa concreta misión de achegar aló o libro galego.

Querendo, en fin, lembrar as tuas variadas facetas, é de supor que esquezo o miolo da persoa: é que non é doado evocarte mellor neste momento de impacto emocional.
Ficas ti mesmo entre nós (e en Pilar e teus irmaus) até que, ao noso turno, nos vaiamos indo para ese mundo descoñecido “alén das estrelas”…

mércores, 25 de marzo de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA




Fonte con granadas en Granada
Posto a perder o tempo, que a un okupa vello coma min lle sobra, este dia deume por xoghar cos topónimos universais que deron lughar a palabras comúns tanto en ghalegho coma en castelán.
Así, temos vocablos referentes á roupa, polo que se ve, os máis abondosos neste tema, que van desde a AMERICANA ata o ASTRACÁN (da sidade rusa, pel do becho homónimo que hoxe parese ter pasado á historia); desde as BERMUDAS (das illas) ata o CASIMIR (de Cachemira), desde as HAVAIANAS ata o XERSEI (de Jersey), desde a HOLANDA (tea de prestixio na antighidade) ata o MAHÓN (outra tea ben máis ordinaria), desde a PRUSIANA ata a SAHARIANA (senllas prendas), e que disir dos TEJANOS (de Texas) ou “jeans” … e pódese incluir aquí o BALDUQUE (de Bois-le-Duc), termo moi burocrático e arcaico, pero que este okupa cheghou a utilisar na ofisina sinistra de Ghinea, pois os balduques eran as sintas vermellas que ataban os legaxos.
Non fican moi lonxe as palabras alimentisias, como CHILE (pemento), DAMASCO, GHRANADA, XAPONÉS, PARAGHUAIO, PAVÍA, PEXEGHO (pérsico, de Persia) ou TANXERINA… Tamén o FRANKFURT e a HAMBURGHESA (ambos alemáns), a LOMBARDA, a MASEDONIA, a MAHONESA ou BAIONESA (os franchutes pretenderon cuñar esta versión, total, os de Mahón xa tiñan a tea antedita…), porque os da Baiona de Ghalisia nunca tal reivindicaron… e máis a MILANESA e o SANDUICHE (das illas Sandwich)…

Un pasiño máis e aí temos as beberaxes: que se o CUBALIBRE (con ghrande cargha ideolóxica, quen o diría), a GHRANADINA, o MOKA (sidade arábiga) ou a XENEBRA…
Xa noutros campos ou eidos, aí tedes os bailes ou dansas tradisionais, tales o CHOTIS (de scotish, escosés: os nacionalistas madrileños, que vaia se os hai!, vanme odiar, diside que non me van ler) ou a HABANERA, as MALAGHEÑAS e SEVILLANAS ou as POLCAS e POLONESAS (ambas referidas a Polonia)…
Tamén están os que, en lughar de bailar prefiren pasear en BERLINA ou, o colmo, en LIMUSINA (de Limoges, disque). E os hai tan requintados que ghustan de se colocar baixo o BALDAQUINO (de Bagdad, pasando polo italiano antigho, ghrasiñas, Papá Ghúghel!), a me evocar outro que eu ben me sei, que se pirraba por ir baixo o palio…co cual acabamos meténdonos nas arabideses, tales como ARABESCO, CORDOBÁN, DAMASQUINADO ou MARROQUINERÍA… Por máis que, aghora me inteiro, o nome Córdoba ven dos tempos romanos, anteriores, pois, aos arábighos.
Para variar un algho, aí están as cores BORDÓ (de Bordeaux), PRUSIA e SIENA, como os animais CANARIO, CARIOCA ou FLAMENGHO.
Relasionado co foghar temos a porselana chamada CHINA (co chineiro para ghardala), as persianas VENESIANAS e ROMANAS…
E apenas me resta falarvos das BENGHALAS (que os portugheses tamén extenden a serto tipo de bastón), o POTOSÍ (outra antighualla) ou a TURQUESA, esa presiosísima pedra presiosa, valla a redundansia; ou, para contrarrestar, o semento PORTLAND, outra palabrecha fora de uso… E os SIAMESES?
Espero correcsións e aportes de máis palabriñas destas características, amén.

DILLE AO RÍO



Por Pura Tejelo

Ilustración de Lola Fernández
Dille ao río que pare un instante
que non  leve  arrogante
a silueta do meu rostro
arrastrada  en ondas  pola  ribeira.
Dille que me  destroza
no  escuro fondo
e me fai  serea  morta,
Montaña sen horizonte.