Cando don Sancho Ioanes, aló polo ano 1150, volveu da guerra contra
os mouros, decidiu facer un percorrido polas terras da súa
propiedade na compaña da súa esposa dona Toda de Trastámara, e por
razóns que só o amor entende, quixo o bo señor empregar unha parte
das ganancias daquela aventura mourisca na construción dunha torre
no lugar que hoxe coñecemos por Milmanda, preto de Celanova, nos
terreos que ela aportou como dote.
E unha vez construída aquela
“casa” pensada para folgar pero que axiña se convertería en
fortaleza, cando foi para inaugurala, con toda a felicidade que
implica unha casa nova, coa amada esposa a quen, nestes xogos de
amores novos, lle regalaba as flores que recollía do campo, dado que
a flor máis abundante naquelas terras son as chamadas dixitais ou
verbasco (Verbascum thapsus) ou chopo branco, non só lla ofreceu á
amada esposa, senón que a mandou poñer no seu brasón, escudando a
mesma torre sobre a que se asentará toda a súa liñaxe, que pasou
de Ioanes a Seoane, e que asemade lle acabaron dando nome á floreada
planta, tan aproveitada para aliviar o catarro e o rouquén, como
laxante intestinal e ata como cataplasma en afeccións cutáneas,
furúnculos e queimaduras.
Mira por onde aprendín como se chaman esas herbas.
ResponderEliminar