A cunca do caldo é algo máis ca un símbolo de
riqueza e benestar nun poema de Rosalía, tamén é un elaborado aparello en que
se mestura a física e a enxeñeiría para maior satisfacción dos usuarios.
Pola súa forma, o contido (que non só é
caldo, senón tamén papas ou outros manxares de densidade variable), pode
manterse na man, sen necesidade de mesa ou outro tipo de soporte, o que
facilita o seu uso, con clara vantaxe sobre os pratos, pois o ter a base máis
estreita, adáptase perfectamente ó oco que forma a palma cos dedos, e tamén, polo mesmo, facilita
o repañado ata a última gota do seu contido.
Pola facultade de termofísica propia, a calor non se perde tan doadamente coma nun prato, polo feito de que a superficie de contacto co aire é menor e é maior a masa de produto quente que fica dentro dela, demorando así a compensación de temperatura co exterior da mesma.

Endexamais
veredes unha cunca do caldo de metal. E endexamais soubo mellor o caldo no
prato ca na cunca, por iso non nos explicamos por que os restaurantes, tan preocupados por gorentarnos cos sabores, non usa a cunca do caldo cando nolo sirven.
Contaban nas aldeas da montaña
luguesa, como a mocidade acostumaba a coller a cunca e saír con ela ó rueiro
onde compartía conversa mentres saboreaban o seu contido ben temperado.
Sirva esta reseña para reivindicar o seu uso.
Sirva esta reseña para reivindicar o seu uso.
Vaia, non sabía destas cualidades.
ResponderEliminar