Gaudí quería representar a tentación, pero non lle
convencía a tentación de sempre coa serpe e a mazá. Eran outros tempos e a arte
ten que retratar o momento en que se vive. A industrialización e a revolución
industrial, as agrupacións obreiras enfrontadas á burguesía, estes querendo
seguir sendo e aqueles querendo ser algo. Os conflitos nacían a cada intre e
cando os conflitos se enquistan aparece o radicalismo. E os atentados tamén. Naquel
ambiente exaltado e reivindicativo aparece na escena das protestas Santiago
Salvador, quen, armado con dúas bombas Orsini, que veñen sendo unhas esferas
cargadas de explosivo e con unha serie de detonadores polos que, non importa
como caia que algún del fará que a bomba explote, entrou no teatro do liceo e
arroxounas sobre o patio de butacas, onde a burguesía catalá, engalanada con
vestidos que a clase obreira non podía nin soñar, desfrutaba e aplaudía o
segundo acto de Guillermo Tell.
martes, 1 de maio de 2018
Gaudí e o anarquismo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario