San Benito e santo Hadrián son dous dos máis coñecidos santos a quen se lle pide para curar as verrugas. Ambos teñen a súa fonte, onde os devotos doentes se lavan, fregan a zona afectada con un pano que logo deixan pendurado dalgunha árbore ou arbusto do entorno, na crenza de que así como o pano seca tamén secará o mal.
San Benito é máis das Rías Baixas e santo Hadrían de Malpica.
O amigo Manolo Ribero cóntame que pola parte de Bande, con este mesmo fin, na madrugada do Sanxoán a xente lavábase coa auga depositada nas cazoletas que se forman nas pedras, xa sexan estas por erosión ou de petróglifo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario