domingo, 14 de decembro de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA


           Estoutro dia –e xa que era ghratis- desfrutando da panorámica dun pintor clásico (de que país non ven ao caso), dacabalo el dos séculos desanove e vinte –un xenio deses que xa o é con apenas vinteún anos de vida- tornei a ver o pé de cadro naturesa morta aplicado ao que eu chamo bodeghón.
E é que para min a naturesa morta só pode se aplicar a aquilo que alghún dia estivo vivito e coleando ou aleteando: a casa (de casar: perdises, lebres, coellos e ata pichóns e papuxas) ou a pesca de peixes –convertidos en pescados… O demáis ven sendo bodeghón, que non é que o contido no cadro esté máis vivo, radicando o punto en que nunca estivo tal, é disir, vivo (nin morto)… sexan leghumes e froitas, xerras, botellas ou gharrafas, copas e vasos, fontes e cacharros, etc., etc.
Claro que se pode aleghar que os vexetais (froitas e verduras) si estaban vivos antes de seren arrebatados á terra nutrisia; ben, dighamos que isto se podería aseitar, pero se tratando doutra caste de vida (a vida vexetativa), pois coido que aínda se pode distinghir entre a respirasión dunha planta e o alento dun animal… maismente cando os últimos pontífises católicos –se é que teñen alghún siso, que nin afirmo nin negho- andaron defendendo a ialma dos bechos e a sua capasidade de ir ao seo ou paraíso: o que non nos din é se o meresen, toda ves que, ao non estaren suxeitos aos códighos morais humanos, non son suxeitos de pecado ou ocasión de pecaren…
Bó, isto de se meter a teólogho de rua era o que me faltaba para que me tomen o  meu pouco pelo os visiños do piso, despóis de os ter convensido de que son agnóstico!
En falando dos vexetais remato por caer nas flores: se ben losen de marabilla nos xerróns… canto mellor non losen na sua ramaxe nativa, ou non? Serto que para iso compre termos xardín de noso ou ben xardín con público acseso, pois se non losen para un contemplador é como se non lusisen.
É o mesmo conto das flores para os mortiños: símbolos de lembransa ou homenaxe, o evidente é que como tal pouco valor ten desque logho murchan: é que ese amor que representan é tan efémero como elas? Os humanos inventamos todo tipo de ritos para suavisar o sentimento de perda, as carensias propias das nosas limitasións, os medos e as dúbidas que, a pouco caletre ou miolo que teñamos, viven asaltándonos, daí o seo prometido e outras delicatessen.
Mesmo criamos as flores de plástico ou de papel: a estas aínda as salvaría, pero a aquelas, miñas pobres, non lles brindo a mínima aprobasión: será polo simple feito de que, despóis de décadas e décadas, un seghe sin traghar ese material –coas indiscutíbeis vantaxes sobre o vidro de non romper e pesar menos- que, nas suas diversas manifestasións acabou todo invadindo: vasos, gharrafas, bidóns, pratos, cubertería, calsado, peites e broches, mesas e cadeiras, reloxios de todo calibre, xoghetes, lámpadas, marquesinas, baldes, consoladores, cascos, sinturóns, caixas, caixiñas e caixóns, marcos, termos, masetas (por estenuasión, deixo a continuasión da lista aos máis que problemáticos leitores destas disquisisións sin pretensións).
Ora, non me dighades que un bo viño ou unha fria servexa non meresen seghirse servindo en cristal, canto máis fino mellor… (Tamén nunca entendín como se estendéu –o que é a comodidade estrema!- iso de beber a servexa a morro renunsiando ao espectáculo e ao saboreio da branca escuma que lle é típica…).

Ningún comentario:

Publicar un comentario