Os Valcárcel, un muro de estacas.
Naqueles tempos en que os mouros tiñan o ollo posto
nas riquezas de Compostela, e xa por terra ou por mar habían de intentar
asediar este cornecho chuvioso, e como por todas as portas que escollesen
aparecían valentes paisanos que erguían muros intransitables, intentárono polas
montañas do Cebreiro, tal vez o lugar máis inesperado, por duro e
intransitable, pero tamén porque sabían que alí non había exército, nin armas
temperadas en fragua de ferreiro. Mais o que aqueles invasores non sabían, era
que alí tamén había xente disposta a non deixarse dobregar, a pesar de que para
tal defensa só contaban con paos, caxatos, estacas e algún que outro aparello
de labrego, empregándose con tal valentía e fereza, que os mouros houberon de
recuar, e disimulando a impotencia fronte a tan aguerridos paisanos, dicían que
eran estacas tales as alí erguidas que ninguén as podía saltar nin derrubar; e
ós descendentes daquela valente defensa das terras galegas, quedoulles como
brasón as estacas con que se defenderon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario