Narciso e a arte topiaria. De Lola Fernández |
Por Pura Tejelo
Ábrese un abismo na tarde laranxa,
un penacho de nebra
esvara preguiceiro
cara a bugalla incendiada do sol
que a cabalo percorre a montaña
lacerándoa.
Botei en falta aquel camiño percorrido
noutra noite de astros acendidos
e baixei á lagoa
que fai o río baixo a ponte
lambendo unha cunca de pedras frías.
O teu corpo emerxía
entre os pequenos remuíños da auga.
Logo a noite mirouse no río
ali onde afunden a súa boca suicida os narcisos.
( De “Diálogos da Montaña e o Sol”)
Ningún comentario:
Publicar un comentario