Este dia pensaba –de cando en vés é bó
pensar- no doado que é ter determinadas actitudes perante a vida cando non se
teñen responsabilidades, maiormente de carácter familiar, que é o que lle pasa
a este okupa. Cando non se é pai ou mai, ou cando, máis desisivo, se carese de fillos. Porque calquera compromiso que se asuma, ese é o que
limita o libre albedrío do home ou da muller.
Xa sei que ninghén é libre, que a
liberdade é unha utopía, que se non temos aquelas pexas temos, nada máis e nada
menos, que as que nos impón a sosiedade da que fasemos parte, por aquilo tan
trillado de que a miña liberdade remata onde empesa a tua.
Mais hoxe práseme elucubrar,
aproveitando que é case inverno e que o Miño no pasa por Miño, aserca do fásil
que é ser (ou coidar que se é) independente, libre ou a salvo desas tentasións
que a sosiedade chamada de consumo nos por diante dos fusiños… consumo que
acaba consumindo ao consumidor.
Se non tes rapasiños que turren por ti,
á sua volta atentados polos listillos fabricantes ou comersiantes e a sua enganosa
publisidade… ben doado é fuxirlle ao consumismo daquelas cousas de comer ou de
se divertir que os nenos solisitan ávidamente de seus pais, tal os pichóns de
bico aberto.
E se non tes muller que che exixa
consumir este vestido, aquel perfume ou aqueloutra xoia de preso elevado de
máis (nos pondo no caso da fémina non emansipada económicamente… que por
fortuna cada día é máis escasa, pero que aínda se prodigha abondo)… ou muller
che empurre a mercar este aparello electrodoméstico ou a instalar aquel alicatado ou aqueloutro
parqueado espesial… (nestes supostos, ben é serto, para benefisio de ambos, por
máis que aqueles ornatos femininos tamén poden, e cómo, benefisiar ao home
através da aleghría que entra polos ollos ou o narís)… se careses, por sorte ou
por desgrasa, desa muller exixente e non autosolvente, é ben pouco meritorio
non ser consumista.
Ben se bota de ver que o que isto
matina é inimigho das xoias, pois as xulgha, se belas, éticamente cáseque
ofensivas nun mundo tan famento e tan desgrasiado. Aí tedes, como exemplo ben
elocuente, o reloxio-xoia que acabaron tornando ornato algho que naséu sendo
utilitario… xoias que se adoitan ocultar por medo ao roubo, que apenas se losen
unhas horiñas e dependendo en qué lughares, son como os templos que, por
idéntica sinrasón, se fechan cando foron criados para a concurrensia universal
e cotiá dos fregheses, pero disto xa falaremos outro día… se é que me deixa o
xefe do blog.
É o caso mesmamente do rico xeneroso:
qué mérito pode ter dar o que che sobra? Claro que aí che saen disindo que hai
moito que podendo faselo non o fai… e entón, como cando se premia o bó
desempeño dun traballador, estáse recoñesendo o valor do que, debendo ser
normal, é apenas exsepsional… así nos vai, amighiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario