domingo, 28 de decembro de 2014

Unha pedra de descarga

        


            Poderíamos dicir aquí o de a grandes problemas enxeñosas solucións. O muro desta propiedade necesitaba un desaugue, e o canteiro que o construíu soubo escoller a pedra que ocuparía o oco, unha pedra alombada, que igual ca na trabe que amosamos hai uns días, tamén é pedra de descarga, con esa forma que fai que o peso de todo o muro que se ergue sobre ela se reparta, algo así como se nunha soa peza estivese incluída a clave e as doelas que caracterizan un arco románico para repartir as cargas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario