venres, 9 de setembro de 2016

LEMBRANZA DE CALI



Por Pura Tejelo


Estar apoiado nun deses currunchos  feitos para os tristes .
Eses recantos que se buscan para estar
en silencio.
  
A longa espera nun trópico foi a que  trocou unha aura húmida
por este rincón  que o sostén.

Os  rapaces  rebolen perto del,
 non sabe os seus nomes.

Eu tamén teño amigos,
Brian, Stiver, Jordan, Benjamin…
A min  me adecuaron o nome de Sergio.

                                                              Como é o teu país?

Mirade, Cali é verde pero se entornas os ollos é azul,
semellante á  esmeralda.

                                                                    É a túa noiva?

E bolen coa brisa nos  dentes,
a burla é fría como a esmeralda,
a  mesma que o colocou lonxe de Benjamín,
o irmán pequeno de Xosé
o que foi abandonado nun oco profundo no deserto
e vendido como escravo.

2 comentarios:

  1. Parabén polos teus versos. Toda unha alegría descubrir esa interesante faceta que tamén enche o teu tempo.

    Tómome a confianza de incluír o de Sequeiros no meu blogue.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Roque ,os poemas están ao teu dipór e do teu lonxevo e exitoso blog "Na busca da cagalla do lagarto".

      Eliminar