venres, 2 de setembro de 2016

A FACHADA DE SAMOS



    
                 

Volvemos polo mosteiro de Samos e quedamos hoxe na fachada onde comparten protagonismo san Bieito co seu corvo e os dous patróns do mosteiro, san Xulián e a súa esposa santa Basilisa, aqueles que, a pesar de casar, desoíndo o mandato de criar fillos para o ceo, negáronse a consumar o matrimonio.

Dinnos que a obra escultórica do patrón é do escultor Ferreiro, e que a escaleira está inspirada na do Obradoiro de Santiago de Compostela. Pero a parte de todas as notas artísticas e arquitectónicas, que nos contan, que anotamos e que tamén podemos ver en calquera catálogo, na rede ou en papel, quedamos coa pregunta de por que os monxes fundadores deste mosteiro escolleron a esta parella de esposos mal casados para  patróns. ¿Talvez como un aceno de complicidade co voto de castidade dos monxes ou co grande arrepentimento que por un mal pensamento tivo o santo fundador?.
Como queira que sexa, paga a pena visitar Samos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario