sábado, 3 de setembro de 2016

San Gregorio Magno o do canto


A carreira política de Gregorio, bisneto do papa Fiz II, fillo dun senador e dunha das máis nobres damas de Roma, comezou despois de acabar os estudios de dereito e ser nomeado perfecto da súa cidade, Roma, pero non lle debía gustar moito a carreira política que a súa rica familia lle buscara, porque en canto puido deixou todos os cargos e meteuse nun mosteiro a escribir e meditar sobre teoloxía, así como a poñer orde no que é a liturxia da igrexa e a regular os cánticos de loubanza.
Pero o destino do papa Gregorio era a diplomacia, e como tal, aínda despois de deixar os cargos civis e dedicar a herdanza de seus pais a fundar mosteiros, o papa Pelaxio II acercouno ó seu pazo como asesor e logo como embaixador na nunciatura de Constantinopla, para por algo de orde, acadar a paz cos lombardos e impoñer a autoridade de Roma, con tan bo acerto que cando morreu o papa nomeárono a el sucesor, a pesar de que, para rexeitar ningún tipo de honra se agochou nunha cova.
Como papa debémoslle a regulación da liturxia e o canto gregoriano, pero tamén a organización da política da Iglesia así como a evanxelización de amplas zonas de Francia e Inglaterra, con tan bo acerto que acadou o título de “Pai da Igrexa”.
Represéntase coa tiara papal e a pomba da inspiración, e invócase contra a gota e a peste, e téñeno por protector do seu gremio os músicos e os cantantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario