Foi este santo un
eremita que desde Atenas, onde naceu se trasladou a un lugar da Provenza na
procura dun lugar onde poder meditar, rezar e desatenderse do mundanal ruído.
Só un problema había en tan devota decisión, que aínda que a alma se alimente
coa paz e a presenza de Deus, o corpo é máis material e necesita comida; e o bo
home aproveitouse dunha cerva que co seu leite o mantiña.
A cousa non iría a
máis, e todos respectaban a aquel eremita que non lle facía mal a ninguén, pero
un día o monarca daquelas terras, Wamba, saíu a cazar e viu a aquela cerviña,
tan mansa, tranquila e a tiro, que non puido reprimir un certeiro disparo da
súa frecha.
Ferida, coxeando, a
cerviña buscou refuxio na cova onde o eremita Exidio moraba, e este, ofendido
por aquel atentado contra a súa fonte de vida, increpou ó mesmísimo rei por
aquela atrocidade, e Wamba, comprensivo e avergoñado, dooulle o terreo no que
fundou o seu primeiro mosteiro.
Hoxe, represéntase ó
santo coa cerva ferida por unha frecha ó seu lado, e invócase como protector de
coxos e amas de cría, pero tamén para arredar os medos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario