Por Pura Tejelo
As flores da correoula
Fráxiles candís
A pérfida berenxena
Somos Hansel e Gretel
Neira Vilas
A fermosa Helena
Flotan no aire flores de lilas
Os lugares baleiros e a xeometría
O seu azul métese nas entranas.
No nome da mañá
Porque somos auga
Vello café
Helena e o sol
Eramos deuses entre a herba seca de agosto (premio Manuel María de poesía)
Corredor verde
Ollos de boneca (Por Pura Tejelo)
Home e can paseando pola rúa en outono (por Pura Tejelo)
Que duro é escribir sobre os mármores de Garcilado (por Pura Tejelo)
Hilda (por Pura Tejelo)
Mia Senhor (por Pura Tejelo)
Paseo pola estancia (por Pura Tejelo)
Un home comentando sobre unha bailailarina(por Pura Tejelo)
A noite cos seus peitos negros (por Pura Tejelo)
O lugar de Sequeiros (por Pura Tejelo)
A durmiñona (por Pura Tejelo)
O discípulo do mar. (Por Pura Tejelo)
martes, 19 de xaneiro de 2016
luns, 18 de xaneiro de 2016
San Paulo o eremita.

Estes primeiros días do ano reúnen no
santoral a moitos eremitas, con toda seguridade co propósito de amosar como a
soidade e o illamento a que nos invita o desapracible e frío tempo desta
primeira época do ano, ten outras recompensas se se aproveitan con ben, tal vez
a reflexión e a esperanza de que outro tempo mellor ha de vir neste ou nos
vindeiros meses, nesta ou na outra vida. E un dos santos eremitas, de vida máis
retirada e solitaria imaxinable, de máis longa reflexión sobre as cousas daquí
e daló, e este Paulo que viviu entre finais do século III e principios do IV,
agochado nun deserto, primeiro por fuxir da persecución que Dacio levou a cabo
contra os cristiáns, e logo porque lle colleu gusto a aquel tipo de vida
retirada, a pesar de pertencer a unha rica familia de Tebas, alimentándose tan
só do pan que un corvo lle levaba.
Na súa soidade, acabou por amansar a dous
leóns que coas gadoupas cavaron a tumba onde quixo ser soterrado, vestido cunha
túnica feita con follas de palmeira entrelazada que el mesmo confeccionara e
era todo o seu enxoval, favor que lle pediu a outro eremita famoso: santo Antón
abade.
Os fabricantes de esteiras téñeno por patrón.
sábado, 16 de xaneiro de 2016
venres, 15 de xaneiro de 2016
O kurruntxo do okupa
Índice xeral
As roupas da natureza
Encapuchados e ocultados
Hipocrisía sosial
Comecocos e cobizas opresoras
Adormecedoras afeccións
Santos e animaliños
Atochas e Callaus
Eufemismos, ghopesas e eñes
Separatismo e amputasión
Modas e estilos
Ofisios e profisións
falando de medidas e desmedidas
Pepes e gavotas
Fotos para ben e para o que cadra
Da pel de touro ós fotógrafos compulsivos
trofeos feos
ventos e brisas
Publicidade e publicista
Marcas e aparellos
Tráfico e outras querencias
De marcas, mercados e marcados
Palabras imposibles
Subfixos, prefixos, diminutivos e...
Aparellos de uso e desuso
Curiosas fronteiras
Amores e amoríos
De cruceiros e cruzadas
Topónimos de uso común
O primitivo pracer da cociña
Conductas
De vivos e mortos, de creacións e procreacións
Sorrisos
Sobre records, premios e gañadores
Os nomes e os parecidos
Naturezas mortas
Vanidades
Hiperbólicos e superlativos
Cartas e emilios
De festas relisioso-sivís
O conventillo
Fillos únicos, solteiros e solitarios
Señoras e señores, machos e femias, donas e cabaleiros
poltronas e poltronatos
Corasón
Que peniña de seres humanos que somos
De inodoros e outras cousas
De sestas, salóns e salonciños
O "EX"
Nomes famosos
De países e paisiños
Sobre a troita de pé e algún poema de Rosalía
Sobre o cantar da Rianxeira
As roupas da natureza
Encapuchados e ocultados
Hipocrisía sosial
Comecocos e cobizas opresoras
Adormecedoras afeccións
Santos e animaliños
Atochas e Callaus
Eufemismos, ghopesas e eñes
Separatismo e amputasión
Modas e estilos
Ofisios e profisións
falando de medidas e desmedidas
Pepes e gavotas
Fotos para ben e para o que cadra
Da pel de touro ós fotógrafos compulsivos
trofeos feos
ventos e brisas
Publicidade e publicista
Marcas e aparellos
Tráfico e outras querencias
De marcas, mercados e marcados
Palabras imposibles
Subfixos, prefixos, diminutivos e...
Aparellos de uso e desuso
Curiosas fronteiras
Amores e amoríos
De cruceiros e cruzadas
Topónimos de uso común
O primitivo pracer da cociña
Conductas
De vivos e mortos, de creacións e procreacións
Sorrisos
Sobre records, premios e gañadores
Os nomes e os parecidos
Naturezas mortas
Vanidades
Hiperbólicos e superlativos
Cartas e emilios
De festas relisioso-sivís
O conventillo
Fillos únicos, solteiros e solitarios
Señoras e señores, machos e femias, donas e cabaleiros
poltronas e poltronatos
Corasón
Que peniña de seres humanos que somos
De inodoros e outras cousas
De sestas, salóns e salonciños
O "EX"
Nomes famosos
De países e paisiños
Sobre a troita de pé e algún poema de Rosalía
Sobre o cantar da Rianxeira
xoves, 14 de xaneiro de 2016
MAN DE CAMELLE OUTRA VEZ
Por Pepe de Rocaforte
Uns días
antes destas últimas festas un amigo comentoume que andaba a voltas coa idea do
guión para unha longametraxe sobre Man de Camelle e pedíame as informacións que
eu lle puidese aportar sobre a súa vida. Explicábame que tal como o imaxinaba,
a forma máis axeitada para desenvolver a historia parecíalle a dunha película
de debuxos animados, onde da man do relato da vida dese home en Camelle trataría
de abordar unha “historia” da Alemaña onde Man vivira antes de recalar na Costa
da Morte.
Finalmente
comentoume que, ó menos polo de agora, para el rematara o asunto porque a
produtora para a que traballa opinou que a idea de facer debuxos animados non lles
semellaba facedeira, por careceren de experiencia nese campo.
Entre
tanto andei dándolle voltas ós papeis e gravacións de audio que conservo (por
certo en bastante mal estado a estas alturas) relacionadas con Man e entre
outras pequenas cousas de escasa valía (pola miña culpa como investigador, enténdase)
encontreime cun parágrafo onde o home me falaba da súa obra. Pareceume tan
fermoso que non me resisto a reproducilo.
Dicíame
Man: "Eu son como un camelo. Un camelo que leva sobre o lombo un tapiz
delicado, fermosísimo. Outros camelos levan leña enriba das súas xorobas,
fardos de mercancías, transportan homes. Eu levo enriba ese tapiz, unha obra de
arte que pode resultar atractiva ou non. Pero o tapiz non son eu, eu só son o
camelo que o transporta mentres vai tripando cos seus pes a area ardente do
deserto..."
E aquí vénme á cabeza a opinión
doutro amigo, segundo quen a historia de Man a partir da súa chegada a Camelle
non ten maior interese. En todo caso, para el, o único interesante sería
afondar na súa vida na Alemaña e nos outros países por onde andou antes de vir
dar aquí.
Non son do mesmo
parecer, pero gustaríame coñecer algunha outra opinión ó respecto.
martes, 12 de xaneiro de 2016
Santa Liberata de Baiona.
![]() |
| Triptico do Bosch |
Nestes chanzos que nos levan dos fastos ós
festexos, non quería esquecer a unha santa galega nacida en Baiona, a quen os haxiógrafos
lle poñen data de nacemento no ano 119, cando o resto dos galegos aínda
adorábamos a Lug, Navia e outros polo estilo. Pero tan milagrosa é a súa
figura, que ata para nacer se fixo acompañar de outras oito irmás xemelgas,
todas dun parto, cando o pai, gobernador de Galaecia e Lusitania, andaba de
inspección por outras terras. De maneira que a nai, adoecida de tanto parir,
temendo que o esposo ó volver desconfiase da súa fidelidade, entregoullas a
unha das criadas para que se desfixese delas arroxándoas ó Miño.
Había que ter corazón de ferro para facer tal
atrocidade, e como pasou noutros casos na historia e na mitoloxía, as cativas
fóronlle entregadas a un pastor que as criou na fe cristiá e o mesmísimo santo
Ovidio, bispo de Braga, as bautizou e adoutrinou en secreto.
![]() |
| Santa Liberata en Baiona |
Como queira que fose, a persecución de
Adriano chegou a Galiza e o pai das cativas, tivo que oficiar de xuíz, e como
tal descubriu a súa paternidade. E se por un lado non podía soportar o suposto
engano da esposa, polo outro non ía permitir que as cativas se metesen nunha
seta como aquela que pregoaba consignas contra o poder establecido que el
representaba. Mandou pois que a prendesen e metesen nunha cadea para
reflexionar, pero fuxiron.
Liberata, refuxiada en Castelo Branco, axiña
foi apresada e condenada por rebelde e insubmisa a morrer crucificada un once
de xaneiro do ano 139.
Sen embargo, dado que os seus restos foron
trasladados a Baiona o 20 de Xullo do 1515, en tal data fanlle festa na súa
vila natal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



