sábado, 9 de xaneiro de 2016

Os encintados de Taboada




Xa non quedan, ou son moi raras, aquelas casas con vistosos encintados, que deixaban a silueta de imaxes diversas, tales peixes, caras ou ferramentas de labor, que no seu día foron estudiados por Xaquín Lourenzo.
Os encintados veñen sendo as unións das pedras das paredes, dándolle un trazado estético ó que na realidade cumpre a función de protexer a unión das pedras contra a erosión, resaltando con cal esas xuntas; pero os albaneis, moitas veces, tratando de buscar a estética e a simetría, disimulan os cachotes facendo ver que o encintado decorría por outros lados, formando figuras xeométricas desiguais pero que, na parede amosan unha certa harmonía.
E hoxe fixámonos neste encintado dun edificio público de Taboada, porque aquí, nesta vila e na súa redonda, ata non hai moitos anos era costume encintar as casas con figuras disimuladas, non tan “art déco” como se ve aquí, pero si polo estilo. Uns encintados practicamente desaparecidos da arte e arquitectura propia desta zona.

1 comentario:

  1. Pois nunca as vira antes, parécenme de moito gusto, unha idea
    de recuperar tradición e estética.

    ResponderEliminar