domingo, 3 de xaneiro de 2016

Xaneiro Xiadeiro



Anque se diga que a pescada de xaneiro non val por carneiro, tamén é certo que tras estes días de fartura e enchura, vai facer falta unha dieta branda.
Empeza o ano, e empeza con festa, e anuncios premonitorios cos que o refraneiro nos advirte neste xaneiro xiadeiro, en que a raia val carneiro e a berza vella vai ó pucheiro, un mes en que se recomenda un pouco ó sol e outro pouco ó fumeiro, ou que advirte que en xaneiro vive o home a carón do caldeiro, que o año de xaneiro é o mellor carneiro ou que coa flor de xaneiro ninguén enche o celeiro. En fin, que do tempo que faga depende a fartura do ano, que se xaneiro é mollado, se non é bo para o pan non é malo para o gando.
Como vedes xaneiro dá para todo, pero nós, neste afán por conservar a saúde de todos os seareiros deste caderno, recomendamos, non coller friaxe, abrigarse ben, e comer con xeito.

2 comentarios: