Un respiradoiro no Saviñao
Nestes tempos fríos que
nos toca pasar, quixemos fixarnos neste diminuto respiradoiro dunha casa do
Saviñao, onde os duros invernos piden unha ventilación moderada. E este oco
enreixado vén a formar parte deses pequenos enxeños que tantas veces nos
sorprenden andando camiños, solucións rápidas e duradeiras sen alardes artísticos, de arquitectura ou de enxeñeiría, sempre botando man dos elementos construtivos propios da
zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario