Non sei se os
viquingos nos deixaron as formas da dorna, o gusto pola cervexa e as
cabeleiras louras, pero si é certo que a súa memoria deixou as
torres do Oeste que os entendidos din que son realmente
“da
Hueste” ou "da Hoste", desde as que se lle facía fronte cando viñan con
intención de conquistar o camiño marítimo de Compostela. Camiño
de tránsito diario, con mercadorías que levaban
e traían cousas por este noso Atlántico de tantas odiseas.
Como queira que
sexa, a memoria perdura e a celebración dunha ficticia batalla
contra eles na que sempre gañan os nosos, rememórase cada ano nesta
parte de Catoira onde o río lle dá paso á ría. Aquí, cada
ano, renovamos o noso orgullo de vencedores, bebedores e
esmorgueiros. Celebrámolo agora, que daquela, cando o estandarte
viquingo asomaba pola entrada da ría todo era precaucións, os pobos
da ribeira fuxían a refuxios máis seguros, e as tropas do bispo
pasaban a noite en vela agardando a chegada dos invosores.
Hoxe, apartado o
perigo, é
unha festa sen santo, unha festa laica de moito viño e moita
esmorga, que sirve para prologar
as festas deste
agosto
que comeza con celebracións nas que o desenfreo ten unha forza
especial xa desde os tempos prerromanos cando,
no comezo do mes da sega, celebraban unha festa en honor de Lug
ofrecéndolle as primeiras espigas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario