Quixera que vos
fixásedes hoxe nesta imaxe que decora o altar maior da Capela Sixtina de
Roma, o Xuízo Final pintado por Miguel
Anxo. E dicía el que non era pintor nin sabía pintar.
De todas
formas non imos facer aquí unha análise técnica nin estilística da obra, mais
si unha pequena observación sobre a estructura da mesma.
E traémolo con intención de que observedes a
disposición das distintas figuras. A divindade ocupando o lugar máis alto segundo
o rango e a santidade e escudada polas alegorías da Fe e da Temperanza, e rodeando a un Cristo-xuíz os santos, moi doados de recoñecer
polos atributos identificativos. Especialmente tétrica a imaxe de san
Bartolomeu portando a pel que os verdugos lle sacaron en vivo.
Baixo
estes o pintor situou as almas dos fieis tratando de subir para acadar a
gloria, e algún santo botando unha man para axudarlles, mentres que na parte
máis baixa un barqueiro expulsa a quen non é digno de seguir abordo, suponse
que no camiño da gloria, para que sexan pasto da condenación.
Unha
disposición que, aínda salvando as diferencias, me atrevo a comparar con aquela
outra do peto de ánimas de Belesar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario