Pode
parecer un debuxo de Castelao convertido en escultura, máis aínda desde que
algún pintamonas lle soltou o chorro de pintura sobre os ollos dela e a boca
del, e a pesares de que a ninguén lle dese por limpalo, a representación desta
imaxe de Acuña que podemos ver en Vilalba, está moi relacionada coa grande
festa desta capital da Terra Cha: O san Ramón, o avogoso das embarazadas, o
protector dos nacementos, el que, levando por sobrenome o de Nonato ou Non
nato, veu ó mundo despois de morta súa nai. Unha celebración con moitas devotas
ó largo da historia e da xeografía, contra a alta mortalidade infantil de
outrora.

O san
Ramón de Vilalba aínda hoxe en día é unha das máis grandes romarías da Terra
Cha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario