O Curmán de Undochán
Manuel Magariños Castaño |
Outras están en
lugares privados, tales: o médico viveirense Manuel Albo (Asociación Española Primera de Socorros Mutuos), o sindicalista de
Silleda Adrián Troitiño (PIT-CNT:
Plenario Intersindical de Trabajadores-Convención Nacional de Trabajadores),
José Ma. R. Barreiro (Casa de Galicia)
ou Castelao (institucións galegas diversas), e poida que non as teña
inventariado todas!
(Curiosamente, a
Asociación Española citada foi fundada por un tal José María Buyo –sen
segundo-, que se ten por orixinario de Cádiz -1829-, co seu correspondente
busto, este na propia fachada -con o cal, malia dun instituto médico privado, ven
a ser semipúblico-, Buyo que, con ese
apelido e sabida a masiva presenza de galegos na capital andaluza, ou galego
era ou o eran os seus maiores paternos… morrendo o home en B. Aires onde deixou
descendencia… iniciador que foi de varias outras entidades de saúde no Rio da
Prata, das que a montevideana ten o mérito de ter sido a pioneira,).
Daquelas esculturas
públicas, comencemos, por imperativo cronolóxico, por Magariños (quen tamén ten
dedicado selo de correos). Pouco e nada sei da sua vida, só que nacéu en Valga
(1864), que o seu apelido materno era Castaño (e non Castaños como pon no
pedestal) e que, velaí o seu mérito, fundou El
Diario Español, medio que acadou, xa moi diminuído, o século máis un ano de
circulación (1906-2007), sempre en mans da familia Magariños. A cabeza en
bronce que vemos en riba, é da autoría do famoso Pablo Serrano (quen nos anos
uruguaios deixou obra abonda) e, feito no cincuentenario do xornal, acadou
estar na rua no ano indicado.
Alén de todo isto,
ruas varias dedicáronse a estes tres como a moitos galegos máis ata
completar un número de cincuenta e pico…
Reflexión
extemporánea (un chisco supremacista?): Parecería que a informalidade crioula (impuntualidade,
lentitude, preguiza…) procedería do desaparecido e libérrimo gaucho, en canto a
formalidade deberíase ao inmigrante europeo…
Ningún comentario:
Publicar un comentario