luns, 13 de maio de 2019

CRÓNICAS DESDE O OUTRO MUNDO (18)


O Curmán de Undochán

    
Falaba estoutro dia da realidade portuñólica do Uruguai… E por qué “do” Uruguai? Porque o de “el” Uruguay é un arcaísmo frecuente na toponimia americana, a convivir con “el” Brasil, “el” Perú ou “el” Paraguay –non así cos demáis países: Chile, Bolivia, Colombia, Ecuador, Venezuela, etc.-, ata actualizárense, a certa altura da pasada centuria, coa supresión dese artigo definido… sen que, aos que nos criamos naquel mundo, non nos siga costando dicir, mesmo soándonos mal, “a realidade ‘de’ Uruguai”… (Mesmo no español peninsular dicíase antano “la” China, “la” India, etc.).
A pequena aldea de Mazaricos deu nome a unha familia da Baña: un dos integrantes seus emigrado no XVIII  nomeou a unha zona montevideana… onde se alza o Hipódromo Nacional de Maroñas, que ten varios casinos na capital. O cerralleiro Abelenda non ten tan ilustre historia, apenas é do século XX

Pois, ao que ía, dentro desa realidade relacionaba uns poucos apelidos lusos aquí abundantes… faltándonos informar como os nosos específicos apelativos galegos tamén son máis que numerosos numerosísimos. Alén dos comúns a ambas marxes do Miño, dos que escollemos, a voapruma: Pereira, Aguiar, Carvalho/Carballo, Pinheiro/Piñeiro, Barreiro, Nogueira, Gago ou Colaço/Collazo, Moreira… temos neste país moreas de apelidos da Galiza, dos que paso a enumerar alfabéticamente unha mínima parte deles, omitindo aqueles patronímicos que coinciden co español (Domínguez, Gómez, Márquez, Pérez…), ilustrados con algunhas firmas comerciais que aluden a eles.


    
Abal, Abelenda, Amoedo, Ameijenda, Ameixeiras, Andrade, Añón, Ardao, Arijón, Bacelo, Baldomir, Barcala, Barcia, Bardanca, Beceiro, Bello (sic), Berdía (sic), Bermúdez, Bolón, Borrazás, Botana, Bouza, Buela, Caamaño, Cabano, Caldeiro, Calo, Calvete, Canabal, Cancela, Canoura, Capelán, Caruncho, Casal, Casaravilla (sic), Castriz, Castro, Castromán, Cerdeiras, Cerviño, Chaín, Chenlo, Chouciño, Corbillón, Cores, Cortiñas, Cotelo, Dobarro, Docampo, Doldán, Dubra, Esmorís, Estévez, Estramil…
              
        
Que ten os meus anos…
… Facal, Fajardo, Ferreiro, Fervenza, Figueroa, Filgueira, Fonseca, Fontaina (sic), Fontela, Formoso, Frade, Fraga, Fregeiro (sic), Freire, Gandós (sic), Gestal, Gestido, Gesto, Gestoso, Ginzo, Gonda, Gondar, Graña, Grela (sic), Guianze (sic), Hermida (sic), Insua,   Lage, Lamas, Lamela, Lapido, Laureiro (sic), Lema, Lestido, Lodeiro, Lorenzo (sic), Losada (sic), Magariños, Mahía, Maroñas, Mato, Meilán, Mella, Migues, Moldes, Montemuíño, Montero (sic), Monterroso, Morgade, Mosquera (sic)…
 
… Neira, Nieto (sic), Novoa (sic), Oreiro, Ortoño, Otero (sic), Pailos, Palleiro, Parada, Pardeiro, Paseiro, Paz, Pazos, Peirallo, Pena, Pernas, Pichel, Piedracueva (sic), Pita, Pombo, Portela, Prego, Puga, Quián, Quintela, Quiroga, Rama, Raña, Reboledo, Reino, Rial, Roibal, Saavedra, Salgado, Salgueiro, Sanjurjo, Santiago, Sedes, Seoane, Soliño, Solla, Soneira, Sóñora, Tajes, Tomé, Tosar, Touriño, Tourón, Trigo, Trobo, Troitiño, Varela, Vázquez, Vilariño, Villar (sic), Vitureira, Zás (sic)…

Elocuente, nonsí? Tantos deles de personaxes de primeira liña intelectual, científica, artística, sindical, política, empresarial, etc., etc., xunto a outros anónimos que, igualmente, trouxeron a nosa onomástica, a nosa lingua tan lonxe: non sería o primeiro caso de apelido desaparecido na Galiza que nas Américas permanece, algún que outro desfigurado, iso tamén hai que dicilo, e outros portados por individuos que non teñen a mínima noción da procedencia e menos aínda do significado dos mesmos.

     Aguda observación dun señorito uruguaio, viaxeiro atípico en 1914, descendente dun Conlazo de Chamín-Arteixo (traducimos): A Galicia do século XII, en cuxos horizontes despuntaba un espléndido abrente, compracéuse nas escenas da glorificación que esculpíu o mestre Mateo. A Galicia de hoxe, a das mouras miserias, despoboada polas emigracións, incapaz de alimentar aos seus fillos, ora perante os altares das ánimas e as virxes dolorosas das suas igrexas e os seus camiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario