xoves, 16 de xullo de 2015

JOSÉ ÁNGEL VALENTE



Por Pepe de Rocaforte
            Falaba, nunha colaboración anterior, da miña visita á casa de Federico García Lorca en Valderrubio, nunha silenciosa mañá de primavera que, máis que a percorrer o interior da casa, convidaba a dar un paseo á toa por aquela Rúa da Igrexa contemplando as paisaxes que de neno verían os ollos de Federico naquela localidade hoxe aparentemente deserta que dun xeito estraño me traía á memoria os espacios oníricos, silenciosos e ilimitados, dalgúns textos de Dino Buzzati.
            Vai esto por diante para falar doutra casa con algúns puntos de unión con esta de Valderrubio. Ámbalas dúas foron habitadas por poetas e ambas, gracias á “Junta de Andalucía” e, neste caso, ó concello de Almería, foron rehabilitadas e adecuadas para servir de recordatorio e homenaxe ós escritores que nun tempo as habitaron.
            A outra casa a que me refiro, situada no número 7 da rúa de José Ángel Valente, en Almería, foi onde durante un tempo viviu o poeta ourensán, hoxe alí lembrado por partida dobre, non só por lle teren dado o seu nome á rúa, senón pola rehabilitación do edificio, na porta do cal unha placa nos lembra quen foi o seu propietario.
            Chegado aquí a pregunta que me xurde é: ¿Hai en Ourense algunha placa nun edificio (non falo do cemiterio) que nos lembre este fillo seu, un dos máis grandes poetas do século XX?
            De habela, débeseme perdoar o non tela visto.
            De non habela, ¿cando se lle porá remedio a este esquecemento?

mércores, 15 de xullo de 2015

Os xogos apolinares



     
        Instituídos no ano 212 a.C., para conxurar os perigos xurdidos da Segunda Guerra Púnica, motivados polas fames, pestes e andazos dela derivados, acabaron por converterse nuns xogos anuais, a celebrar sobre o doce de xullo, para invocar ó deus contra as feridas, as lesións e tamén a escaseza de comida que a contenda contra Anibal provocaba, sacrificándolle años brancos e un touro coa cornamenta dourada.

                E deste festexo podemos entender que permanecen en Galiza e no mundo cristián herdeiro de Roma, multitude de invocacións a santos como san Bieito, o día once, contra as afeccións cutáneas ou a san Paio de Morás contra tumores e traumatismos, con romaxe no primeiro domingo de xullo, pois el mesmo os sufriu na corte de Abderramán III, onde foi despezado e os seus restos, traídos anos máis tarde a terra cristiá, foron quedando en multitude de santuarios entre Córdoba e Tuí, e el convertido nun intercesor coa divindade para arredar as doenzas derivadas de roturas, golpes, mazaduras ou cortes.

luns, 13 de xullo de 2015

O KORRUNTXO DO OKUPA.





Acordarédesvos os máis vellos daquela pagha do desaoito de xullo que mala chispa o coma (ao desaoito, non á pagha!)... que foi un exemplo de populismo: ofresíaselle aos traballadores un “premio” (equidistante da pagha navideira) a cambio de envolverlla no sobre ou envelope da “xesta patriótica do glorioso movemento nasional”... que tempos,  miñamadriña!
Tamén é populismo o da formasión política autochamada, susesivamente, Aliansa Popualar e Partido Popular (copular que disía un meu amigho)... que pouco ou nada de popular ten, digho eu... (E non me confundades fraghista con sufraxista... nin xemelgo con jamelgo).
É o que pasa co vento, o ventiño e o ventarrón: que, como todo na naturesa, ten varias caras. Cousa fina évos o ventiño, tamén coñesido como brisa (brisa sin aire, que disía a boa da Sesilia): brisa ou airexa, mesmo airiño nas cortinas (prestándolles un aspecto de vela naveghante), que tanto pode significar benestar como, se nos fixamos no sine, que por alí fuxiu un secuestrador de criansa. Isto pende moito da música de fondo: probade a enmudeser o son e veredes canto dramatismo ou  sensasión de terror perde a esena de marras.
Outra brisa boa –pensar que existe o apelido Brisaboa, a saber o que el significa-  é a que toca as sombrillas (de praia ou de terrasa), seghindo co sine, case viscontianas. Esa brisiña tamén é ghorenteira no caso dos chamados “móbeis de vento”, eses aparatiños ou chirimbolos colghantes que se menean e fan serta musiquiña, máis ou menos metálica, aparellos aos que os brasilerios –tan líricos eles- denominan mensaxeiros dos ventos (e ata chamadoiros dos anxos os máis superstisiosos).
Pero o máis ghratificante é para este coiote solitario a música do vento na fronda, nun conxunto de ghrandes árvores como poucos se ven nas sidades: é un das miñas lembransas máis queridas o son do vento nun ghrupo de álamos, aló por terras de Ghuadalaxara, cando andaba, ben mosiño, de seghador: abofé que me compensou os suores daquela tarde seda do verán, que me fixo voltar como neghro, seghundo a imaxe tan asertada da nosa Rosalía: menos mal que foi un ano só que tal experiensia vivín... e todo por aquilo de non falar de oídas do cualificado como exilio sercán.
Con todo, hai músicas de ghusto ben máis discutible como son as do vento nas cheminés ou nas fendas das xanelas entreabertas: a min persoalmente faime tilín o soar do ventiño ese, maismente no verán, imitando o lorquiano-galaico “o vento muxe como unha vaca”, tan pouco poética, ao meu ver, a palabra vaca, por moito que un estime a ese animal, do que tanto se alimenta e do que tanto disfruta o meu padal... (E non me comparedes muxir con munxir, malia ambos coinsidan con ese bo animaliño: pode que acotío a vaca muxa cando a munxen, iso si).
Pero en falando do coiote que me considero eu (outra cousa é que o sexa)... aghora, voltando a eses desprasamentos de significado dalghunhas palabras, resulta que chaman lobo solitario ao terrorista que actúa por conta propia –tipo traballador autónomo: que non me mesturen con tal xentualla, porfa! Por iso, estoutro dia, cando lle digho á miña ex: Carolina, ves cansa? Vai e se arrepón e chámame populista!