sábado, 23 de agosto de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA


Unha das cousas que me costa caro asumir neste conventillo (que moito me recorda o da miña mosidade na Habana) é a do váter comunitario –como se lle chama anghlosaxona e vulgharmente, moi vulgharmente! ao escusado ou retrete d’antano– quero disir, faser cola ou ben espreitar a ver cándo non a hai… Outros eufemismos serían o baño (coido que prosedente das Américas) e pior, o franchute tualé ou tamén, raiando no cursi, ghabinete hixiénico que escoitei só unha ves e chegoume, caghoná! E o servisio, que parés en retirada.
            Baño é un exseso ou traslasión, como váter é unha redusión, digho eu. E sigho disindo, mirade qué despropósito atribuirlle á augha, ese nobre produto impresindible para a vida, tal triste e carselario destino: water-closet , ighual, augha enserrada! (lembro que de cativo chamabámoslle vaterclós). E así como a augha defínena como incolora, inodora e insípida (de insípida nada, pois, se é de boa fonte non hai cousa máis saborosa), ao escusado, como tiña poucos nomes de disimulo, van outros e lle colgharon o de inodoro… que, con demasiada frecuensia, é máis un desexo que unha realidade…
            Pois o váter me trouxo á memoria, mentres fasía cola ou bicha, os posos neghros e as suas aughas neghras e daí pasou esta mente febrisiente –axudada de Papá Ghúghel, que piratiei no ordenata dun desavisado vesiño- a outros adxetivos neghativos ou pexorativos da palabregha como: ovella neghra (rasismo coas ovellas e descalificasión para o ser humano), maxia neghra e misa neghra (arredemo!), Camisas Neghras, maré neghra (ai, o noso des-Prestige!), bienio neghro (non falo do actual, que xa é trienio, xa me entenderedes), burato neghro (o cósmico, non vaiades pensar…) e materia neghra, viúva neghra (serta araña), Man Neghra (de andaluses e serbios), mercado neghro e economía neghra (ou sumerxida), pan neghro (que foi tan denighrado, cando non había outro, como hoxe valorado), peste neghra (ou bubónica), varios venres negros, diñeiro neghro, traballo en neghro, besta neghra (ou parda), bandeira neghra (das praias proibidas), o comersiante neghreiro (por pior nome tratante ou traficante de persoas de África)…          
  Claro que non todo o neghro é neghro (en mal sentido), porque aí tedes as mellores cousas ou persoas neghras que nos arrodean ou nos tocaron de esghello nalghún momento das nosas vidiñas: as olivas e o arrós neghros, os porotos neghros (base da feijoada), os diamantes e os tulipáns neghros, a pimenta neghra, a servexa neghra, o café e máis o te (ou cha) neghros, a corvina neghra, o calor neghro…E tamén as notas neghras ou as teclas negras, as fichas neghras das damas ou as pesas neghras do xadrés, o sinturón neghro, a balota ou bolilla neghra, a bola neghra (do billar), o ouro neghro (ou ouro preto dos brasileiros), a etiqueta neghra (dalgunha beberaxe), a caixa neghra, a pérola neghra (Pérola Neghra chamáronlle a Joséphine Baker, como Marabilla Neghra ao futbolista Andrade), o xamón pata neghra, o medieval Prínsipe Neghro (que o que tiña de neghro era armadura)…
            Nin bós nin malos serán a panteira neghra (pendendo de que te coma ou non) e os Panteiras Neghras, Setembro Neghro, o tabaco neghro, o anxo neghro, o humor, a novela e o cinema neghros (tamén pendendo), o Poder Neghro, a Neghritude ou os Pés Neghros (que tanto serviron para nomear a aborixes norteamericanos como a sertos franco-alxerianos), as Virxes neghras (hainas a esgalla), o cóctel neghrone (que nunca probei), o mármore neghro, o ámbar neghro (aceviche)… (O bico neghro, pola sua parte, ten os seus partidarios e os seus detractores)…
            Para rematar con altura ou altor, aí vos vai unha serie de belesas artísticas: Angelitos Neghros, Neghra Sombra, El neghro que tenía el alma blanca, Ollos neghros, o Decamerón Neghro… e outras xeoghráficas: Selva Neghra, Isla Neghra, mar Neghro, rio Neghro, a Laghuna Neghra machadiana, Monte Neghro…

            Xa lle chegha… ou non? E logho dirán que o persebe é caro! Neghro me vin para tanto neghro localisarvos… Pero, cántos outros non haberá?

Ningún comentario:

Publicar un comentario