sábado, 2 de agosto de 2014

O cisne branco


É a ave de Venus, na mitoloxía romana, e asóciase á muller nu e de brancura inmaculada. De todas maneiras tamén se ten ó cisne por un animal onde o masculino e o feminino se unen, pois mentres o longo pescozo lembra ó falo masculino, as redondeces do corpo evocan a feminidade. Polo que queda clara a función deste petador con forma de pescozo de cisne.
            Mais para falar de cisnes non nos queda outra que lembrar os amores de Leda, a esposa do rei espartano Tíndaro, de quen, segundo unha das moitas lendas que se contan, o mesmísimo Zeus se namorou, máis como ela pretendía serlle fiel ó esposo, nin os encantos de tan alta divindade a motivaban. Así que, o señor do Olimpo, argallou un xogo casi sado, no que Afrodita se convertía en aguia e el en cisne que ía ser perseguido, de tal maneira que, así transformado procurou acubillo no regazo da raíña espartana, inocente muller que o protexeu, e violouna.

            Desenganada, Leda, sen confesarlle o accidente a ninguén, esa mesma noite acudiu ós brazos do seu esposo, e ó cabo de nove meses, na vez de parir coma todas as mulleres, Leda puxo dous ovos, dun naceron Pólux e Helena (neno e nena) e do outro Cástor e Clitemnestra (tamén neno e nena), os primeiros foron tidos por fillos do deus e os segundos do rei espartano.

            

Ningún comentario:

Publicar un comentario