sábado, 23 de agosto de 2014

VELLO CAFÉ

Por Pura Tejelo

No alén da fiestra  vernizada de violeta
unha explosión añil e os clips da chuvia
anunciaban unha noite escura.

Os amplos ventanais parapetaban do frío  do norte.

Café  engaiolador de almas que esperan
brindando en alto na copa  desta  noite misteriosa
a  auga negra, até que reborda
no pranto  máis sincero.
Os anhelos
descen
a rolos
desde os viñedos clásicos
á barra do bar-puro trámite-
e drásticamente
volven ingrávidos
a ascender na vaga memoria
do que bebe
até embazar os vidros
como unha borrasca en suspensión.

Nada tan parecido a unha bágoa, que agochas vacilante.
                          

Café, enternecen  as pegadas do chan molladas, enxugadas no serrín,
e o kleenex das túas paredes, abrigo de palabras e abrazos
verquidos  ao final da dura elipse do día.
Cafés nos que soñamos en rebelarnos e emprendemos a  viaxe polo incerto raíl da vida.


                                                                                                 (Fragmento do poema:  Vello Café)

Ningún comentario:

Publicar un comentario