Ese cuarto de estar que foi
cambiando de aspecto coa pasaxe dos séculos… sempre que o houbese, está claro,
o que xa nos sitúa nun ambiente típicamente burghés.
Primeiro sería, nas horas privadas,
o cuarto da familia por exselensia: os sillóns, a silla de costura, o piano, os
coxíns estrados aquí e alá, o velador (aínda non había lus eléctrica). Fora
desas horas era o resibidor das visitas máis ou menos ben resibidas.
Un século despóis, pasou a importar
a radio, o piano quedando algho ladeado. E máis adiante, no mesmo século, o
televisor, esa radio con imaxe, que significou un cambio onde os haxa.
Xa por entón sería raro ver faser
costura alí, o piano e a radio pasando a mellor vida e o sofá colectivo
enseñoreándose da pesa, ese diván onde vai maldurmir o marido, por veses
desbotado do leito conxughal… (Que mo dighan a min!).
Alghúns foghares incorporaron ao
estar, se o seu ghrandor o permitía, o mesmísimo comedor (mesa, cadeiras e
trinchante –trincharíanse sobre el as carnes-) que, máis logo, ficou en simple
ambiente de ornato, mesmo de escaparate familiar, con vaixela e cristalaría (no
chineiro, ou depósito da china ou porselana: cánta palabra demodée!).
Ese sofá ou diván onde, sin
connotasións penitensiáis, o xefe (por chamarlle algho) do clan procuraba
disfrutar da sesta, por curta que ela for, na realidade redusida a unha modesta
sestiña.
Porque sesta, sesta, o que se di
sesta, non mo negharedes, é aquela dormisión a base de pixama e ourinol baixo
da cama, todo moi masculino, abofé, como definía aquel tan bó escribidor como
desagradable persoa que todos temos nas mentes.
Serto é que o pixama paresería ter
desaparesido, esquixama por medio, particularmente no verán…. despóis dun
longho período no que foi usado como roupaxe de entre casa, cousa que hoxe non
se vé.
Vaia coas cavilasións barateiras que
me suxeríu hoxe, morriñento daquela rosaliana saliña que quero tanto, actualmente redusida a este korruntxo no
que me acomodei, logho de dar varias voltas sobre min mesmo, á maneira do can
(ata que, feito unha rosca, se deita na última).
Ningún comentario:
Publicar un comentario