luns, 4 de agosto de 2014

O KORRUNTXO DO OKUPA


  
          Aí atrás falei da miña propia casa e máis da miña muller: en sitando a Colombo… (ou Columbo, seghundo a versión americana) xa estaba eu dando pistas sobre o caso; porque o caso é que nin miña casa nin miña muller: ambas sonvos EX, e daí que eu me ocupase de okupar como okupei…
E en falando da miña EX, venme á cabesa o primeiro EX de que ghardo memoria: o EX Congo Belga, que así lle chamaban nos meus textos do bacharelato, nos que aínda puñan Costa do Ouro para se referir ao que moi logho foi Ghana (que parese gheada pero non o é, digho eu, que non vos sei o que aí pinta ese aghá ou hache).
            Si Ghana (ou Gana como simplificaron os portugheses) é, que eu saiba, a primeira nasión africana que recuperou o seu (suposto) nome indíxena, despóis viñeron outras como Sambia ou Simbabue (EX Rhodesia) ou Burkina Fasso (EX Alto Volta), ou sidades como Maputo (EX Lourenço Marques, e que rima con… corrupto), etc., etc. Se tan doado fose cambiar de vida como trocar de nome eses países xurdidos das divisións arbitrarias dos colonisadores, outro nivel terían, nonsí?
            Claro que isto pasa con toda a xeografía planetaria, porque qué país está afincado sobre unha etnia primixenia? Daí que sexamos moitos os que defendemos as pequenas nasións, as únicas reais históricamente consideradas, pero, iso si, coalighadas en espasos maiores para non seren engholidas polos ghrandes estados.
            Bó, hoxe déume pola xeopolítica, e é que de sempre me tirou a xeoghrafía, por máis que, ao xeito do Jules Verne (ou será unha lenda urbana máis?) pouco ou nada me movín polo mundo; é máis, sonvos ben cativas as miñas ansias de viaxar, así que a miña excursión (que acabou en incursión) máis prolonghada dos últimos tempos fíxena polo barrio… ata atopar este korruntxo, no que, de momento, me sighen soportando…
A diferensia co Xuliño Ameneiro (outra volta tradusindo con aleivosía como fixera nun korruntxo anterior…), ou Jules Verne (o paisán de Luis Pastor –ou Pasteur- (a) Peghureiro)… a diferensia, repito, está, no que a min respeita, en que ficar na casa (antes) e no korruntxo (aghora) non me provoca faser novelas viaxeiras coma el… mághoa de homiño este que leedes… se é que me leedes…
            O serto é que hoxe o territorio do EX é cada dia máis extenso, e se non, aí tedes o desaparesido EX de Letisia, a EX Unión Soviética, a EX de Banderas ou mesmo os moitos EX matadores (meighas fora!)… ou tamén (inda que non lles apliquen o famoso prefixo, só faltaba), o que dan en chamar “as antighas pesetas”… cousa que me amola de vez, porque abondaba con disir “pesetas” ou como moito, “aquelas pesetas” (con ese nostalxioso pronome demonstrativo) ou non?

            O que é non teres nada que faser!, como me di o meu EX sosio en Noos… E para evocar a miña castrapeira infansia en Lugho, que é como disir, aproveitando que o Miño non pasa por Miño… “Besiños” para os vesiños!

Ningún comentario:

Publicar un comentario