Aínda
que leva o nome dun mortal chamado César Augusto, agosto sempre foi un mes de
dar gracias ás divindades, e se os romanos celebraban honras a Ceres, por
permitir a recollida farturenta dos cereais, xa antes o mundo celta lle rendía
culto ás súas divindades polo mesmo motivo, cunha festa a principios de agosto
en que lle rendían culto a Lug e a súa nai Tailtiu, señora da natureza, cando o
cabeza de familia, despois de cortar un pouco de cereal llo ofrecía ó sol
entoando unha oración ritual, e reservando a última gavela de cereal como
símbolo de boa sorte ata o primeiro día que se volvese ós campos para botar a
nova semente, dándollo de comer ós animais de tiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario