Por
Pepe de Rocaforte
Deixara
na entrega anterior a Eustaquio Pellicer a punto de marchar de España, ben fose
por razóns políticas, ben por desexos de acadar fortuna. Ou por ambos motivos á
vez.
En
1886 chega a Montevideo, onde pon en marcha unha tenda de calzado. “Vin para
facer fortuna no comercio”, dicía. Pero ó pouco tempo empeza a colaborar no
xornal “La Unión Gallega” de José F. Agrasar e Ramón Cerdeiras, onde escribían
Curros Enríquez, Murguía, a Pardo Bazán, Pastor Díaz e outros.
Funda
logo un semanario, “La Pellicerina”, de vida efémera. Entra como redactor do
diario “El Ferrocarril” e máis adiante, en 1890, xunto co debuxante alsaciano
Charles Schütz (non confundir co norteamericano Charles Schulz), funda “Caras y
Caretas”.
A
revista non ten o éxito esperado e en 1892 Pellicer trasládase a Buenos Aires
en busca de ventos máis propicios. Alí empeza a colaborar no diario “La
Nación”, onde fai amizade con Bartolito
Mitre, fillo do expresidente arxentino Bartolomé Mitre. En decembro de 1893 o
xornal envíao como corresponsal a España, de onde regresa en 1896, e mantén
unha pequena columna, “A pesca de noticias”, con tanto éxito que ó pouco
tempo ocupa sete columnas do xornal.
Será entón cando o expresidente Mitre, á vista do espazo da sección de
Pellicer, di de forma terminante: “¿Qué? ¿”La Nación” convertida nun diario
humorístico? Desde mañán desaparece esta sección”. E así foi.
Pellicer
non se desanima e xunto con Bartolito
refunda “Caras y Caretas” que sairá a luz en outubro de 1898. Ó se negar España
a aceptar a independencia cubana naqueles días, os españois radicados en
América foron peor vistos que en circunstancias normais, polo que se considerou
conveniente non figurar Pellicer como director. Tampouco se considerou oportuno
poñer no cargo a Bartolito. O xeneral
Mitre non admitiría ver o seu apelido á frente dunha publicación que
ridiculizaba a políticos. A solución foi nomear director (nominal) a José
Seferino Álvarez; “Fray Mocho”.
En
1903 Pellicer abandona a revista en desconformidade coa dirección que pretendía
tomar e funda “PBT, semanario infantil para chicos de 6 a 80 años”, máis
satírica e mordaz e que acadará un éxito similar ó de “Caras y Caretas”.
Cando
o xornalista Soiza Reilly o visitou en 1912 na súa quinta “Villa Loreto”, en
Banfield, preguntoulle: “¿Por que escribe, Pellicer? Quédese na súa quinta”. “necesito
ganar a vida”, respondeulle el, “os quinteros
unicamente en España poden vivir de rendas”.
Eustaquio
Pellicer Gutiérrez de Celis falecería en Buenos Aires o 23 de decembro de 1937.
O enterro no Cemiterio do Oeste careceu de solemnidade. Sobrevivírono a súa
esposa, Loreto Meléndez, e os seus fillos Eustaquio –nacido en España-, Carlos
–nacido no Uruguay- e Luís, arxentino.
Se
alguén ten interese en ver unha mostra da súa prosa, pode ver aquí o seu conto "El botón del calzoncillo", publicado na “Antología del relato policiaco en La
Argentina”
Excelente! Gracias por recordar al bisabuelo Eustaquio. Guillermo Pellicer Lezcano
ResponderEliminarHola! Soy docente e investigadora de Argentina, y estoy trabajando sobre uno de los semanarios que Don Eustaquio Pellicer fundó en mi país: PEBETE. A raíz de esto me puse a indagar su trayectoria profesional (periodística y literaria). Gracias por el aporte, y querría saber qué si tienen referencias donde pueda remitirme a los trabajos que realizó en la Prensa en España. Muchas graciaS!
EliminarLamento non lle poder facilitar máis información que a que xa puxen aquí. En todo caso podería poñela en contacto con dous descendentes aí na Arxentina: Guillermo Pellicer Lezcano, en Córdoba, e Miguel Terradas Pellicer, en Buenos Aires, por se eles lle poden dar algunha información útil.
ResponderEliminarAquí en España, o único familiar que conserva algúns dos seus papeis é Carlos García Arroyo, de quen hai uns anos deixei de ter noticias. O seu domicilio é: Avenida Verbena de la Paloma, 10-9º C, 28041 - Madrid - teléfono 34 913 174 770
Estimado Pepe de Rocaforte. Agradecería mucho el contacto que pudieras brindarme con sus descendientes en Argentina. Te facilito mi email institucional de contacto para que estemos en comunicación, ya que recién veo tu respuesta en este medio: litarasiukploc@unla.edu.ar Muchas gracias! Saludos. Laura
Eliminar