Cando estoutro dia
falaba eu de fotóghrafos COMPULSIVOS e ARMASENADORES formigheiros dos seus
produtos... para nunca máis revelos... nin por asomo pensaba nos meus
compañeiros Pepe e o Xefe do blogue, que son, cando lles peta, fotóghrafos,
directamente artistas, un para logho armar ou non belas presentasións, o outro
perseghido por un afán chamémoslle etnoghráfico. Aghora o Pepe reaxe
puntualisando e fai ben e eu insisto nas duas características, arriba
salientadas, dos que raian no frívolo ou superfisial, que se cadra tamén fan
ben se iso os fai felises.
Felises, digho eu,
uns e outros, aqueles que o fan por pasatempo e os que poñen alma e vida nesa
profesión, vida real e terminal cando de fotóghrafos de gherra se trata... E
uns e outros coa pesiensia e dilixensia das que outros caresemos para procurar
e conseghir belesa coa cámara, e iso que un é, de sempre, amante dese xenial
invento, así non o utilise ultimamente, un dos ghrandes inventos da Humanidade,
do que o sine e todo o que véu despois non son máis que unha derivasión.
Amante maismente da
fotoghrafía antigha, mesmo dos retratos desimonónicos, mesmo deses retratos ao
óleo de xentes daquel clasisismo, por alghúns modernamente cultivado a contracorrente
dos pintores abstractos. Amante trocado, daquela, en defensor, ao ighual que do
libro impreso, do tradisional álbum de fotos, que é talmente un libro en cuxas
páxinas é doado merghullarse cando a nostalxia o leva a reghodearse coa
revisión -revisión de rever e de revisar- dos bos momentos do pasado...
momentos que son os que normalmente recollen as fotos.
No meu desafogho
anterior debéu influir a sercana resepsión dun dropbós (ou busón) de sentos de
fotos –e non eran de xaponeses presisamente-, no que lles faltou faseren unha
selecsión e onde a ghrande maioría das tomas eran do xénero parvo... por máis
que mas mandasen coa sua mellor intensión, para me faser partísipe da sua
suposta aventura proghramada, o cal xa non lle permite ser aventura, poisque a
nada se aventuraron.
En falando de
fotóghrafos profesionais de gherras ou catástrofes calificadas de naturais
(quén fala xa do resente Nepal, ou dos anteriores Tailandia ou Haití, etc?), ou
destas mighrasións mediterráneas, teño que disir que eu alghún dia considerei
tamén compulsiva a actitude dos milleiros de homes e mulleres (con cativos
incluidos) que cometen a heroisidade de se larghar ao mar-deserto e ao mar-mar
coa ilusión de acadaren “mellor vida”... e tantas veses acádana... no sentido tradisional
e tortiseiro da palabra (a morte relixiosamente manipulada), sendo que eles
pretenden a mellor vida... pero en vida.
Ata onde se pode
calificar de insensatés esa desisión de deixar o malísimo coñesido (acaso pior
que a morte) polo menos malo por coñeser? Ata onde veñen enghanados
polostraficantes como, antes e aghora, lles pasa a tantas mulleriñas finalmente
condenadas á prostitusión no “primeiro mundo”? Confeso que houbo un tempo no
que eu lle daba máis creto á insensatés do que hoxe lle dou á desesperasión
desas xentes perante a gherra ou os asasinatos, proghramados ou non, perante a
fame ou a inxustisa, por eles incorporadas como inelutables...
(Me non ghosta este carís serio que hoxe adoptei e, tal como
dixo aquel rei dun dia, “lo siento mucho, me he equivocado (?) y no volverá a
ocurrir”).
Ningún comentario:
Publicar un comentario