Pero non parou aí todo. Dantes, el,
que puidera ser Pucho, Che, Chema, Jóse ou Sechu, pois non, limitárase a ser un
vulghar Pepe: entón un bo dia, vendo unhas vellas letras do avó Pepe, que as
asinaba, mona como el é, imitouno e prosedéu a asinar así: pp, as poucas
misivas que lle gharabateaba, cando estaban afastados máis do presiso, á mosa
que deixara na vila. Meudéus! Foi por aqueles dias que apareseu na ecsena
española unha “nova” opsión política, de dereitas ela, populista ela, a máis
non dar, que se deu en chamar, meighas fora!, Partido Popular: o noso Pepe
ficou desolado seghunda volta en escasos anos, e, drástico e empedernido como
tamén é, optou espartanamente por arrombar esa fórmula de seu abó,
quedeusoteñanaghloria, e tornou a asinar, academicamente, Pepe, con todas “as
catro letras”, as cartas susesivas e esporádicas para a susodita mosa.
Pero, e sigho disindo pero, o bo do
José María ou Pepe seghiu tamén sen ter sorte nin acougho nestas cuestións,
chamémoslles baladís. Animaleiro ou animalista que é (o que non quer disir
animal, pois sertifico que non o é no sentido
pexorativo, miñaxoia!), o bo do home ghostaba máis do que é habitual na
xente deses invasivos, ruidentos e algho aghresivos bechos que chaman
ghaivotas, que ata estiveron en bogha en serta xuventude dos setenta, raiana na
mentalidade ghipi, por culpa daquel Juan Salvador (ou Fernando Capelo, ollai
esa!) Ghaivota, panfleto que sublimaba a liberdade e o exemplar esforso de
superasión persoal “personificado” fabulisticamente nese animal alado, ao que
se lle atribuían pensamentos humanos do máximo idealismo.
A maiores, na visiñansa do noso
comentado homiño xurdíu por aqueles tempos a famosa Pardela de Santa Crus, que
era, seghundo as malas linghuas, parenta, non vos sei por cal das alas, das
ghaivotas, pardela amigha que lle chamou a finada Anisia que todos coñesimos.
Este noso pobriño individuo ficou absolutamente namorado dese xénero de bechos,
defendéndoos contra vento (nordés) e maré (atlántica, por suposto) perante a
opinión abafantemente maioritaria das xentes todas que aborresían e seghen
aborresendo tales seres molestos e destrutivos, a espertalas ou a non deixalas
dormir nas horas normais para os seus honrados habitos de currantes...
confundindo tales seres os incómodos tellados urbanos cos imponentes cantís
mariños do seu hábitab natural...
Entón produsiuse a derradeira labasada
da nosa vítima... que foi cando o sitado partido populista adoptou a tal
plumífero como o seu símbolo, emblema ou logho... E podo aseghurarvos que o bó
do Josemaría (PP) Ghaivoteiro desidíu abandonar todo invento na materia e mirar
moi moito antes de escoller os futuros obxectos dos seus parvos amores...
Ningún comentario:
Publicar un comentario