A pel de
touro hispana parese que se vai cuarteando... O primeiro rachón deullo
Portughal hai oitosentos anos, século arriba século abaixo. Aghora
escandalísanse por Catalunya. Se isto pasase con Ghalisia, veríamos a tal pel
convirtida nun rectánghulo: fasede o xogho que eu fixen por puro divertimento:
ollo, non é que esté a favor (nin en contra) de tal rectanghulasión
xeoghráfica: xa chegha cos retalhos pecuniarios e de servisios esensiais...
Pero xa é
unha parvada suprimir Portughal -que se debera manter, iso si, coas
fronteiras marcadas, non sexa o demo...- cando os informes meteorolóxicos; o
mesmo que eses tratados de arquitectura ou artísticos en xeral que dividen por
provinsias os pasos, os cruseiros, os mosteiros, os castelos ou as igrexas,
mesmo cando separan os castros ghaleghos dos portugheses ou asturianos -cousa
que os arqueóloghos se encarghan no posible de obviar.
Disenme da
Coruña que os novos ghobernantes eliminaron as touradas: benvida a desisión,
que lle devolverá a esa cara sidade -digho cara no bo sentido, non no outro,
que tamén- algho da sua esensia ghalegha que lle viñeron retaseando (ou
retalhando) nas últimas décadas os “ignorantes e férridos” xefes munisipais:
disen tamén que disen os partidarios de tal salvaxada -torturadora de animais-
que a medida ven dada por un afán antiespañol.
Digho eu
duas cousas: a primeira, que o antiespañol sería seghir fomentando tal
espectáculo autodenominado tradisional (como se todas as tradisións,
verbighrasia a Inquisisión, fosen boas!); a seghunda, que a pouca clientela que
tal actividade ten en Ghalisia está falando de que se a españolidade radica
nela, xa éramos pouco españois de antes...
Porque se o
termómetro do español radica nesta es noutras mostras como a tonadilla ou a
arte dita flamenca... pouco ou nada españois son astures, cántabros ou
canarios... Deixémolo aí, meus caros.
Por iso,
cada volta ghústanme menos eses fotóghrafos compulsivos do “esmar” ou da cámara
(dixital ou non) que, por tomar unhas supostas boas vistas, se perden a
contemplasión demorada das mesmas... e, amáis diso, logho teñen tal acumulasión
de fotos que as miran unha ves e, cunha nova tanda para mirar, xa non atopan
xeito de as volver a desfrutar... e aí fican, perdidiñas ou traspapeladas nas
moreas de arquivos fotoghráficos ou “fails” dos ordenatas...
E xa que me
meto cos “esmarts” e os “móbiles” en xeral, o serto é que dá noxo ver alghúns
individuos camiñando cos ollos postos na pantalliña e, pior, os condutores fasendo
ighual, piormente cando condusen veículos colectivos e poñen en risco a tanta
xente e xentiña miúda.
Debe ser coa
sequía que hoxe se me deu por criticar a destro e sinistro, ou se cadra é coa
nubaxe, esta nubaxe sen chuvia, que para o caso... tanto como nesesitamos da
augha!
Ningún comentario:
Publicar un comentario