Cómo somos animais de costumes, ou,
noutras palabras, seres que actuamos moito por inersia. Vedeaí cómo o sistema
métrico desimal nos fai expresar, por sobre o setenal, en querendo referirnos a
duas semanas, “quinse dias”, cando deberíamos disir catorse...
Por contra, o desimal aínda sai
perdideiro perante a conservasión ou vixensia (outra inersia) dos sistemas
anteriores ansienrexín, a ver: (os dose meses aparte) seghen vendéndonos
cousas por dusias ou medias dusias, ou ata un cuarto de dusia: os ovos, as
filloas, as seboletas, as pastillas de caldo consentrado (cubitos por outro
nome), os pacotes de caixas de leite (pacs
por mal nome), os caraveis e os capullos (de rosa, aclaro, pimpollos para os
pacatos), as manteighadas de Astorgha, os sedés (ou sidís), os ghuisquis dose
anos, as cubetas de geo da neveira!, as onsas de chocolate... (Por serto que onsa lle chaman alghúns ao ghato
ou tighre xaghuar).
Claro que ten a sua parte nisto a
onipresensia anghlosaxona, particularmente comersial: lembrádevos cando, ata
hai ben pouco, usaban o penique, esa duodésima fracsión do chelín, que debía
tornar tolos aos turistas... Algho adiantaron, por iso, os casurros deles,
ainda lles faltando, por exemplo, condusir carros pola direita... Contodo (todo
é relativo!), últimamente estamos vendo ovos envasados por desenas...
A outra cousa, Aghamenón, e non vos é
por cambiar de tema, que se este era baladí, o que ven évos tráxico de toda
traxedia. Falo desta inmighrasión masiva que os europeos estamos a padeser.
Padesemento ben cativo se o comparamos co que padesen os inmighrantes, ben é
verdade. A un non pode por menos que enrughárselle o corasón con tanta
desghrasia xunta.
E un non pode deixar de faser comparasión
con outras diásporas ou éxodos (cánta biblia temos nos miolos, fillos!),
talmente a latinoamericana para USA ou para as Europas, absolutamente actual
pero nestas latitudes eclipsada pola
antedita. Serto que aí é (cando para USA ou o Canadá) dentro do mesmo
continente e entre países de falas non tan estrañas como español, fransés e
inghlés... o que as faría se cadra menos dramáticas, no que ha influir o feito
de virse produsindo hai décadas, con ese componente de inersia (outra ves a
inersia) que parese suavisalas (habería que perghuntarlles aos nenos que as
protaghonisan nunha alta porsentaxe!).
Así e todo, para aqueles países de
tradisional inmighrasión europea –e asiática, sen contabilisar a “importasión”
de africanos-, déuse volta a tortilla faséndoos, case de súpeto, países de
emighrasión.
Aquí e hoxe trátase de emighrasións de
dous continentes a un terseiro, e co inghrediente enghadido de fuxiren de
gherras, empiorando toda outra situasión equiparable –e con nenos e rorros para
maior tristesa, e, esa é outra, estes como aqueloutros sendo xentes xoves, aos
vellos só lles correspondendo morrer nos seus eidos do terror: isto si que é
unha catástrofe (nada natural) da que non quixéramos ser contemporáneos e menos
cómplises, madialeva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario