luns, 17 de agosto de 2015

Somoza e os dados da sorte



É este un apelido que tiña o seu solar preto de Santiago, pero como aquí buscamos algún feito diferencial máis aló da procedencia, lembremos que cando foi a do cerco de Zamora, e aquel traidor chamado Belido Delfos, se escapuliu por unha das portas da muralla para facilitarlle a entrada ó inimigo, foi un cabaleiro procedente das terras santiaguesas, pertencente ós infanzóns de Somoza, quen o viu desde a muralla en que facía garda (ou estaría xogando ós dados) e avisou ós seus para previlos. Sen embargo, e a pesar de todas as precaucións tomadas, na batalla habida morreu o rei don Sancho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario