Neste
mes de febreiro as pombas son unha constante tanto no santoral como nas
iconografías que imos ver, e así, un lugar como o concello de Arteixo, onde a
simboloxía avícola se manifesta tanto sobre os pináculos dos hórreos como nas
lendas, nas esculturas das igrexas ou nos contos máis populares, pareceunos
prudente viaxar ata esta parte de Galicia e acercarnos ó concello limítrofe da Laracha, onde a nosa amiga Ana Gago recolleu para este caderno o
acontecido a un paisano, un mozo que quedou viúvo moi axiña, aló polos anos corenta
ou cincuenta, e ó cabo dun tempo prudencial, decidiu volver ós bailes con amigos.
Unha noite, cando regresaba á casa,
polo camiño aparecéuselle unha pomba branca que só el vía. E aquela pomba
acompañábao sempre no traxecto do retorno.
Un día a pomba pousóuselle na cabeza, e o home
quixo espantala, pero daquela a ave faloulle e díxolle que non o fixese, que
ela era a súa muller, que non lle importaba que el fose ós bailes porque aínda era novo, e que lle quedara unha misa sen pagar e que non descansaría
ata que fose a pagala.
Como todos sabedes, unha da forma en
que a alma se aparece ós vivos e coa forma de pomba cando a finada acadou a
gloria.
Como complemento a este conto, pódese ver o artigo Aves de luz e esperanza
Como complemento a este conto, pódese ver o artigo Aves de luz e esperanza
¡Me encanta! Confieso que es muy agradable leer sobre lo que nos resulta familiar...
ResponderEliminarEs una leyenda hermosísima. Combina creencias "lle quedara unha misa sen pagar e que non descansaría ata que fose a pagala." y amor "del fetén"... "ela era a súa muller, que non lle importaba que el fose ós bailes porque aínda era novo".