Por
Pura Tejelo
Ilustración de Lola Fernández |
A avenida ábrese inmensa
desvalida
vai dun a outro lado
entre os lampos dos autos perseguida
navegando nunha travesía fonda
un destino de serpe.
Unha pista de patinaxe xeada
fóra de hora
sen oropeis deportivos
sen o beixo calmoso das nubes.
Unha man sen piedade
co seu índice
vai apagádonos,
disposta a xogar coas nosas vidas,
fráxiles candís.
Ningún comentario:
Publicar un comentario