Andando pola Baixa Limia, aínda
tivemos tempo para sorprendernos con algunhas obras propias da relixiosidade
popular, a maioría delas carentes da imaxe, pero nesta que hoxe traemos,
apreciamos como a relixiosidade popular non se rendeu a que a imaxe orixinal
falte do seu nicho, que alguén a roubase ou que se botase a perder por mor do
tempo e da falta de coidados. Mantense a obra de pedra, pero a figura foi
representada, con máis pena ca gloria por algún mañoso devoto.
Xa non é necesario amosar en detalle a imaxe pintada na táboa, pero seguro que tamén esta ten os seus devotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario