Os Troteiros de Bande xa saen unha semana antes do
Entroido a percorrer as aldeas do municipio invitando á xente a participar das
celebracións, a entrar na primavera. Corren por camiños e corredoiras facendo
soar as chocas da cintura e os cascabeis e axóuxeres das polainas.
O traxe que visten é de
aparencia simple, pero cargado de simbolismo, aínda que algúns elementos
viñeron a substituír ós antigos. Así o mesmo gorro, que antes era de palla,
agora confeccionase con telas ou incluso cartolinas, e adórnase con fotos
recortadas da prensa de papel cuché, sempre con escenas da vida cotiá, pero o
que non pode faltar é un espello cadrado na fronte, un espello que devolve a
mirada, o facinium, o mal de ollo se alguén
ten malas intencións con estes heraldos da primavera. E del colga un pano de
gancho que tapa o rostro do troteiro.
O traxe, sempre de cor
branco, adórnase con fitas de cor, moi poucas, pero suficientes para darlle ese
toque alegre que amosa a nova estación, pero sabemos que outrora, esas cintas,
e sobre todo, o adorno que percorre o lateral da perna era unha edra atada.
Como elemento
defensivo, ademais do espello que devolve o aollamento, ármanse cun pao
especialmente escollido, entre aqueles ós que unha edra se enrroscou, dándolle
esa forma de espiral que o envolve.
E imos cara Cobres a coñecer as Madamas e Galáns
E imos cara Cobres a coñecer as Madamas e Galáns
Ningún comentario:
Publicar un comentario