Estes eran os escudos protectores de Roma.
Se
miramos calquera santoral, depende de onde sexa os santos do primeiro do
mes cambian, xeralmente para invocar a aqueles que en vida foron protectores da
cidade, dos que o exemplo clásico aquí en Galicia é o san Rosendo, tan venerado
en Ourense e sobre todo en Celanova, onde tanto contribuíu ó enriquecemento da
súa vila natal, santos que viñeron a substituír un culto anterior ó Anxo da
Garda.
Pero na Roma clásica, nestes días do primeiro
de marzo tamén se festexaba cunha procesión que percorría a cidade, o insólito feito do escudo que Xúpiter lle mandara
a Numa, como símbolo de protección da cidade, un escudo que, caído do ceo, se
custodiaba no Palatino, xunto con outros seis que eran falsos, para que así, de
roubalos, o ladrón nunca sabería cal era o verdadeiro, e polo tanto nunca
deixaría á cidade sen tan divina protección.
Estes escudos sagrados
ou ancilas, sacábanse en procesión nestas datas coincidindo cos primeiros días
do ano do antigo calendario romano, e tiñan a particularidade de axitarse sos
en caso de perigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario