CASAS IMAXINADAS
Por Pura Tejelo
Son casas imaxinadas
nin siquera
foron aluguer da infancia.
Cómo acceder a elas agora
despois de tantas historias
oídas
á media noite
onde a presenza violeta das
sombras
constrúe momentos cómodos ao
tacto
e fai tanxible a escuridade.
Poderiamos construír un poema
nunha folla
apoiala no lombo dun escaravello
e que nos leve paseniñamente por unha escada
até as torres douradas dunha
nova ternura.
A lustración é un óleo
que forma parte do fondo de pintura
propiedade da
Galeíra Arte e Imaxe sita en Catro Camiños (A Coruña), onde expuso no mes de
decembro , con gran éxito de
crítica, a súa autora, a pintora Lola España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario